RUEDA DE PRENSA NÚÑEZ-ORÓNS

A Costa da Morte sumou mellores servizos e infraestructuras grazas ao goberno da Xunta

Os deputados autonómicos, Aurelio Núñez e Ambrosio Oróns, defenderon esta mañá que a Costa da Morte é hoxe unha comarca con “mellores servizos e infraestruturas” que hai catro anos grazas ao “firme compromiso” do goberno de Alberto Núñez Feijóo.

Na rolda de prensa na que ambos realizaron o balance do que foi a actividade parlamentaria durante este mandato, ambos deputados mostráronse “orgullosos e satisfeitos” do traballo realizado durante os últimos catro anos no que, na súa opinión, logrouse dar un “notable impulso” a toda a comarca da Costa da Morte.

Sobre este asunto, Oróns fixo fincapé na posta en marcha da autovía que une Carballo e Baio, unha infraestrutura que marcará un “antes e un despois” na comarca tanto a nivel económico como social.

“Era algo que estaba pendente e que se realizou cumprindo co compromiso adquirido”, afirmou o popular, convencido de que a nova vía será un “excelente eixo vertebrador” da zona.

Así mesmo, Oróns non quixo restarlle mérito tamén a outros destacados investimentos levados a cabo na comarca como a posta en marcha da depuradora de Malpica, as melloras na escola infantil de Buño e da Laracha, no colexio Otero Pedrayo, ou no Porto de Laxe, no que destacou a vontade do goberno autonómico para proceder ao seu dragado en canto reúnanse todos os permisos.

Mellores servizos sociais
Por outra banda, Núñez fixo fincapé na forte aposta do goberno de Feijóo polo fomento da natalidade e da conciliación familiar. Deste xeito, destacou o incremento dun 76% das prazas de escolas infantís financiadas con fondos públicos dende o ano 2009 así como a existencia das mellores deducións fiscais por fillo de todo o Estado ou as medidas de conciliación aprobadas para os empregados públicos: aumento en dúas semanas dás baixas por fillo e instauración da xornada flexible.

No referente á atención sanitaria e social, o deputado destacou os 26 centros de saúde creados nestes oito anos, pese a redución en 2.000 millóns de euros ao ano do orzamento da Xunta, así como a aposta do goberno de Núñez Feijóo polo envellecemento activo, que o ten levado a duplicar os usuarios de teleasistencia, e pasar dos 14.000 atendidos en Dependencia no 2009 aos 50.000 cos que rematarase este ano.

Núñez subliñou tamén a posta en marcha dos centros de saúde de Agolada e de Malpica, asegurou que Galicia ten agora unha sanidade “moito máis eficaz” e destacou que, no último trimestre, a nosa comunidade rexistrou os mellores datos da historia en listas de espera.

Melloras económicas
Por outra banda, o deputado lembrou que a taxa de paro en Galicia é 3 puntos inferior á existente no comezo da lexislatura, que hai case 50.000 afiliados máis á seguridade social e que “levamos once trimestres seguidos con taxas positivas de crecemento interanual do PIB”.

Xa por último, tanto Núñez como Oróns defenderon que un novo goberno dos populares, encabezado por Alberto Núñez Feijóo, é a única alternativa e posibilidade que ten Galicia para manter a senda da “estabilidade e o crecemento”, fronte a outros partidos que, na súa opinión, o único que demostraron é que non son capaces “nin de solucionar os seus problemas internos”.

Deja una Respuesta