foto guerra

A INACCIÓN DO BIPARTITO SUPORÁ UN RETRASO NO ORZAMENTO DE TEO

O grupo popular municipal denuncia que aínda a día de hoxe non se teña nin o máis leve indicio dos orzamentos que rexen as contas municipais do ano que cursamos. A Lei de Facendas Locais establece que os orzamentos de 2016 tiñan que estar aprobados antes do 31 de decembro do ano anterior, polo que esta inacción do goberno bipartito de Teo supón un retraso mínimo de tres meses na aprobación das contas, no caso de que se sometesen a Pleno municipal o último xoves de febreiro, que é cando correspondería a vindeira sesión plenaria ordinaria. Considerando os trámites posteriores non entrarían en vigor ata finais de marzo.

Isto ven demostrar unha vez máis que a desidia e improvisación permanente marcan a forma de traballar do bipartito teense. E, tratándose de asuntos económicos -competencia directa do alcalde-, a xestión brilla pola súa ausencia a pesar de levar 8 anos no goberno. O grupo popular municipal considera que “falar de bipartito en Teo é falar dun goberno inoperante e sen proxecto; resulta lamentable que un mes despois de que o orzamento tivera que estar en vigor nin sequera se puxeron en contacto connosco para iniciar os primeiros trámites”. Cando en Santiago critícase, con toda lóxica, o retraso nas xestións, en Teo o alcalde nin sequera as iniciou.

Despois de seis meses de mandato, a única prioridade económica que coñecemos do bipartito é a suba indiscriminada de prezos públicos e taxas. O grupo municipal fai un breve balance económico do primeiro medio ano de xestión recordando que Teo ten o lamentable récord de ter sido o Concello que máis subiu o IBI de toda a provincia en 2015 así como os programas de conciliación (que incrementan os seus prezos entre o 66% e o 142%).

Igualmente, esta forma desidiosa de xestionar os recursos é a que levou a perder tres importantes subvencións da Xunta entre xuño e decembro de 2015, incluíndo 18 postos de traballo para os teenses nos tres últimos anos.

Como resultado, "a unión de socialistas con Anova non pode estar a ser máis prexudicial para os petos da veciñanza, que ten que soportar sobretaxas transversais para todos os veciños así como servizos de primeira necesidade". O lider popular teense considera que esta forma de xestionar a economía teense constitúe un "fraude á veciñanza".

Deja una Respuesta