IMG_0139

O despido da ex xerente de Incolsa confirma a “actuación sectaria” de Compostela Aberta

O Grupo Municipal Popular considera que a sentenza que acaba de declarar improcedente o despido da ex xerente da empresa municipal de Turismo confirma o “sectarismo” do alcalde e o “revanchismo político” de Compostela Aberta: “A sentencia vén a confirmar a actuación inxusta, ilegal e sectaria de Goberno local”. “Estamos recollendo -engaden os populares- os froitos da política persoal absolutamente arbitraria deste goberno”.

O grupo popular recorda que a chegada de Martiño Noriega á alcaldía supuxo unha “política de ceses inmotivados”. Neste senso, salientan tamén os despedimentos sen xustificación do director xerente do Auditorio de Galicia e da directora do Refuxio de Animais. “É curioso que quen fala de talante democrático e de transparencia, actúa cuns principios opostos”, salientan os populares.

O grupo popular, que votou en contra do despido nos dous consellos de administración de Incolsa, subliña que o xulgado confirma que, tal e como mantiveron sempre os populares, non había ningunha causa obxectiva que xustificase o despido da ex xerente. “Foi unha decisión unilateral do alcalde”, inciden, xa que tal e como se recollen nas propias actas do consello de administración, “Compostela Aberta despediu á ex xerente sen dar, en ningún momento, ningunha explicación nin motivación”. Os populares lamentan tamén a actitude cómplice do grupo socialista -pola súa abstención na votación- e a de “colaborador necesario” do grupo nacionalista, xa que ningún se opuxo ao sectarismo do alcalde.

“Supoñemos que o alcalde se rexerá pola mesma vara de medir e trasladará á Fiscalía esta sentencia por ser lesiva aos intereses de Santiago”, salientan os populares, que amosan a súa preocupación pola “falta de respecto de Compostela Aberta aos dereitos laborais dunha traballadora”.

Deja una Respuesta