IMG_0073

A veciñanza traslada o seu maletar ao PP polo parcial asfaltado dunha pista en Reis

A veciñanza manifesta o seu profundo descontento ao comprobar que asfaltaron soamente a metade da pista que pasa por diante das súas casas cruzando o lugar de Freiría, en Reis. Como vella demanda veciñal e debido ao lamentable estado no que se atopa o viario, o modo de proceder do executivo local suscitou gran malestar na zona. A parte que quedou sen asfaltar atópase en tan mal estado que as fochancas alcanzan o nivel da terra e as herbas brotan por medio da pista.

Para o Partido Popular, a forma de proceder do concello "parecería unha broma se non chega ser porque se trata de algo tan básico e esencial. Mais, en calquera caso, o que resulta inaceptable é que xustamente aquela parte do viario que quedou sen asfaltar é aquela que se atopa en peor estado con extensas fochancas e pedra solta por ausencia do alquitran".

Para a concelleira popular Maria Vazquez, "dá a sensación de que a parroquia de Reis é o punto negro na xestión do goberno bipartito. Ademais do lamentable estado no que se atopan multitude vias nesta parroquia, temos que lembrar que é aquí onde o Concello instalou unha tubaxe tóxica da que aínda non coñecemos solución e unha vertedura de augas fecais que cae directamente ao río Ulla. Deixar sen asfaltar agora xustamente a metade da pista onde máis falta facía, parece unha broma de moi mal gusto".

Deja una Respuesta