ordes

A Xustiza volve recoñecer a competencia do alcalde para designar representantes en órganos externos

Unha sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 4 da Coruña, notificada esta semana, volve recoñecer a competencia expresa do actual alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, para designar representantes municipais en órganos externos, neste caso da Mancomunidade.

A sentenza declara a inadmisibilidade dunha demanda formulada polo anterior ex alcalde de Ordes, Manuel Regos (UXO), na que reclamaba que fose o Pleno, e non o alcalde, o que designase aos representantes do Concello na Mancomunidade da Comarca de Ordes. A sentenza condena ademais a Manuel Regos ao pagamento de costas (arredor de 700 euros).
Competencia do alcalde, con carácter xeral

A sentenza conclúe que “con carácter xeral, salvo atribución expresa ao Pleno, ou que se trate de órganos colexiados competencia deste, a designación dos representantes municipais corresponde efectuala ao alcalde, porque o alcalde ostenta a representación institucional do Concello”.

Esta sentenza constitúe unha nova “labazada” xudicial a Manuel Regos e a UXO, que xa en setembro foran condenados ao pagamento de costas ao tempo que o xulgado desestimaba outro recurso relacionado coa designación de representantes do Concello nos consellos escolares municipais e na asociación de desenvolvemento comarcal. Tamén daquela a Xustiza recoñecía a Plena competencia de Martínez Sanjurjo para efectuar as designacións.

O Partido Popular de Ordes considera que a sucesión de recursos impulsados por Manuel Regos para entorpecer o labor do novo Goberno local que dirixe Martínez Sanjurjo evidencian “carraxe e mal perder” por parte de quen fora candidato de UXO.

Deja una Respuesta