20170914 SantiagoEnCamiño

Acusan a Noriega de deixar no aire o futuro dos traballadores da Escola de Música

O Grupo Municipal Popular considera inaceptable que o Goberno de Martiño Noriega deixe no aire os postos de traballo dos máis de 20 traballadores da Escola Municipal de Música. Esta situación é xa unha realidade despois de que hoxe se fixese público que a única empresa que se presentou para prestar os servizos neste organismo quedase exenta de subrogar ao persoal actualmente adscrito a esta institución.

Para o grupo Popular, esta situación é un novo exemplo da facilidade de Compostela Aberta en desmantelar servizos e da súa falta de previsión e organización e, neste momento, o total desacerto do Goberno de Martiño Noriega en materia de emprego supón unha consecuencia moi grave para os afectados.

Parece inconcibible que novamente realizasen un prego, que supuxo un custe de case 8.000 euros, que non garante o emprego, a pesar que a empresa encargada de redactalo conte coa total confianza do Goberno de Compostela Aberta.

O Grupo Municipal que dirixe Agustín Hernández tamén manifesta a súa preocupación por cómo se desenvolverán agora as cousas, polo que lle lembra ao concelleiro de Educación, Manuel Díos, que as xestións coa empresas deben facerse dentro do marco da legalidade, non dando ordenes como xa ren ocorrido noutros departamentos do Goberno de Martiño Noriega.

Deja una Respuesta