c65f4fc8-7195-42ef-b54d-b547b3042d14

Acusan ao Concello de Teo de enganar aos veciños cunha baixada ridícula do IBI

Os populares de Teo propuxeron no último Pleno celebrado esta semana que “o tipo de gravame do IBI do Concello baixase ata o 0,44%, cifra que situaría este imposto como estaba ao inicio da lexislatura”.

Tal é así, que como explican os Populares, “no ano 2015 o tipo de gravamen do Imposto de Bens Inmobles en Teo situábase no 0,44%, cifra que ascendeu ao 0,55% tralo pacto entre PSOE e Mareas de Teo; foi a maior suba de toda a provincia e a porcentaxe resultou a máis elevada de toda a Comarca de Santiago, incluso por riba desta cidade, capital de Galicia, e que supera con creces os habitantes da nosa localidade”. Engaden que “dende o ano 2015 ata o momento, aos veciños incrementouselle este imposto nun 25%”.

A piques de rematar a lexislatura, no último Pleno celebrado no Concello de Teo, o bipartito decide baixar o IBI, pero, “ a sorpresa para os populares foi que o descenso da porcentaxe é tan só do 0,55% ao 0,54%, unha cantidade irrisoria que apenas se vai notar nos petos dos nosos veciños”. É por iso que José Manuel Guerra, portavoz popular en Teo, acusa ao actual goberno de “querer buscar tan só o titular fácil, vendendo unha baixada do IBI que é, canto menos, ridícula”, poñendo de exemplo que “un veciño de Teo terá que pagar 140 euros máis neste imposto que un veciño de O Pino por unha casa de igual valor catastral”.

Para o Partido Popular non existen excusas e acusan ao goberno “dunha mala xestión das arcas municipais, só así nos explicamos esta subida de impostos para intentar recaudar cartos despois dos seus despilfarralos, un goberno afixiado pola súa propia política económica. O peor de todo é que o temos que pagar os veciños", sentencia Guerra.

 

OS POPULARES PROPUXERON UN TIPO DE GRAVAMEN DO 0,44%

Dende o PP de Teo non atopan cal pode ser a razón pola cal, “a veciñanza da nosa vila ten que pagar un valor tan elevado por un imposto que no resto da provincia está moi por debaixo” e culpan ao bipartito de “falta de escrúpulos ante a subida tan desmesurada dun imposto que nada ten que ver coa realidade dos concellos limítrofes”.

A maior parte dos concellos da comarca teñen un tipo de gravamen que oscila entre 0,44% e 0,47%. O veciño concello de Ames ten estipulado o tipo de gravamen nun 0,44%, cifra que tamén comparte Boqueixón, Val do Dubra ou Vedra. Oroso, Brión e Trazo correspóndelles un 0,45% , 0,46% e 0,47% respectivamente. Despuntan á alza e á baixa Santiago (cun 0,54%) e O Pino (cun 0,40%). É dicir, para unha casa cun valor catastral de 100.000€, unha persoa abonaría a día de hoxe 400€ no seu recibo en O Pino fronte aos 540€ de Teo.

Deja una Respuesta