CONGRESO LOCAL OROSO

Acusan ao goberno de Oroso de ser o culpable da pérdeda dun obradoiro de emprego

O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Oroso, Alexander Doval, criticou hoxe que a “desidia” e o “desinterese” do goberno local provocou que os veciños de Oroso queden, unha vez máis, sen participar no programa de obradoiros de emprego impulsado pola Xunta de Galicia.

Os populares lamentan a “nula preocupación” mostrada polo rexedor, Manuel Mirás, para terminar co desemprego, un dos problemas máis importantes dun municipio que, na actualidade, conta con 366 desempregados (11,3% da poboación).

“Resúltanos complicado poder atopar un motivo que xustifique que Oroso non solicite esta axuda que incentiva o emprego. Só se nos ocorren dúas posibilidades, ou que o executivo local non se decata destas cousas, que sería grave, ou que as coñeza e non lle interese poñelas ao alcance dos veciños, que sería aínda moito peor”, indicou Doval.

Neste sentido, o portavoz dos populares subliñou que concellos como Frades, Ordes e Mesía si asinaron o acordo para solicitar o desenvolvemento este obradoiro, destinado a 20 desempregados, que terá unha duración de 9 meses e que contará cun orzamento de 339.200 euros.

“Mentres noutros municipios fan todo o que están nas súas mans para terminar co desemprego, os veciños de Oroso teñen que sufrir as consecuencias de contar cun rexedor que, lonxe de pensar nos problemas da xente, anda máis preocupado dos seus intereses partidistas”, criticou Doval.

 

O popular alertou tamén que o feito de que Oroso non participe neste obradoiro fará que os seus veciños “perdan oportunidades” que si terán noutros lugares, unha circunstancia pola que, na súa opinión, o señor Mirás debería dar unha explicación pública, aínda que, segundo Doval, hai asuntos que “non teñen máis explicación que a incapacidade de xestión evidenciada en moitas ocasións polo rexedor”.

Deja una Respuesta