IMG-20170412-WA0014

Acusan ao goberno local de facer uso político da Mostra do Encaixe

Dende o equipo do PP de Camariñas queremos destacar as formas que utiliza o equipo de goberno a hora de querer remendar a desorganización que reina en torno a Mostra do Encaixe. Cabe destacar que se nos invitou a altas horas da noite de onte, o ver a publicación nun diario dixital que non nos invitaran.

Cremos que non son formas de actuar nin valorar a xente que políticamente non pensa como eles.
Nestes feitos podemos ver o uso político que se lle fai a Mostra posto que moitas outras persoas xa tiñan as súas invitacións fai case un mes.

Tamén queremos aclarar que, anque non se nos invitara de forma oficial, o PP de Camariñas estaría presente de igual forma na inauguración desta 27° Mostra do Encaixe.

Deja una Respuesta