File_003

Acusan ó Concello de Teo de pagar 1.600E por un coche que acabou no desguace

O Concello de Teo abonou case 1.600€ polo arranxo dun Renault Megane, a pesar do cal, non voltou a funcionar. Á gravidade do caso engádese que o paradoiro do coche era un enigma tanto para o alcalde como para a concelleira de Transporte, que no último pleno municipal amosaron descoñecer onde se atopaba. Finalmente, e despois da insistencia do grupo popular, o concelleiro de Servizos Básicos terminou por desvelar que se enviara ao desguace.

O caso foi abordado no último pleno, por iniciativa do grupo popular, ao coñecer que o Concello abonara unha factura por importe de 1.557,84€ a un taller de coches baixo o concepto "Arranxo Renault Megane Policía Local", pero, a pesar do arranxo, este vehículo non volveu a facer o servizo municipal que viña desempeñando. A concelleira popular María Vázquez formulou no pleno unha pregunta sobre o paradoiro do Megane, á que tanto o alcalde como a concelleira de Transporte ofreceron respostas evasivas e ambiguas, ata tal punto que non puideron precisar cal era o paradoiro do coche. Quen sí o fixo foi Xurxo Francos, concelleiro de Servizos Básicos, asegurando que se enviara ao desguace.

Chegados a ese punto, sí admitiron que o vehículo non se puxera de novo en funcionamento porque o prezo do arranxo non compensaba, segundo recoñeceron.

Os populares esixen unha explicación pública por este feito que é un “auténtico disparate e denota absoluto descontrol, despilfarro e irresponsabilidade na xestión dos cartos públicos". O voceiro popular, José Manuel Guerra, considera “unha insensatez pagar polo arranxo dun coche para envialo a continuación ao desguace".

Deja una Respuesta