20171204 Varanda Rúa do Pino

Advirten do perigo dunha varanda entre as rúas do Pino e Anxo Casal

O Grupo Municipal Popular advirte do perigo dunha varanda -oxidada, rota e inestable nalgúns puntos- nas inmediacións da rúa do Pino, na zona da Almáciga, nunha zona verde que linda coa rúa Anxo Casal.

Nunha recente visita, os populares puideron comprobar como a varanda, que no seu día se instalou como medida de seguridade ao pronunciado desnivel que hai ata a vía de acceso á estación de autobuses, hoxe supón un potencial perigo para as persoas que por alí transitan. Totalmente estragada, corroída polo óxido en toda a súa extensión e sen varios apoios, supón un “auténtico engano” para quen confía na súa seguridade, xa que está moi lonxe de realizar a función para a que foi instalada. É por isto que os populares, a través dun rogo no vindeiro pleno, demandan a reposición urxente da varanda ou doutra medida de seguridade, co fin de protexer a zona do desnivel existente.

Do mesmo xeito, os populares instan a que se instale tamén outro medio de protección para a plataforma –situada nun plano inferior- sobre a que é posible pasear e que discorre en paralelo ao desnivel de varios metros que separan esta zona verde da rúa Anxo Casal.

Quioscos municipais pechados Por outra banda, o grupo popular volve reclamar unha solución para os catro quioscos municipais que permanecen pechados desde hai máis de dous anos e que amosan cada vez un estado de maior deterioro.

Tal e como salientan os populares, está a piques de cumprirse un ano e medio desde que o
pleno acordara por unanimidade a regularización, reapertura ou retirada dos catro quioscos
de titularidade municipal, situados en puntos tan céntricos como a Avenida Xoán XXIII, a
Alameda, a Praza de Vigo e a rúa Bernardo Barreiro de Vázquez Varela. No pasado
pleno de xaneiro e ante a inacción de Compostela Aberta para dar cumprimento a este
acordo, os populares preguntaron polas previsións para a regularización. Van aló once
meses, e non se ten coñecemento de ningún avance nin medida, mentres outros concellos
con este tipo de instalacións xa teñen atopado algunha solución.
O grupo popular, que salienta o mal estado das instalacións, insta ao Goberno local a que
informe dos prazos previstos para resolver esta situación.

Deja una Respuesta