untitled

Agustín Hernández denuncia o atraso na concesión das subvencións provinciais a entidades deportivas

O portavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, denunciou esta mañá o importante atraso acumulado polo goberno provincial na concesión das subvencións a entidades deportivas para o exercicio 2017.

En rolda de prensa, e acompañado pola deputada Mariel Padín, Hernández indicou que o Boletín Oficial da Provincia (BOP) acaba de resolver de forma definitiva no mes de decembro as axudas correspondentes ao ano 2016, a pesar de que, tal e como explicou, as bases foron aprobadas en novembro de 2015.

“Necesitaron, nin máis nin menos, que un ano para poder resolver o expediente”, denunciou o popular, quen aproveitou para trasladar o malestar que existe entre os clubs da provincia da Coruña ante o que cualificou dunha “nefasta xestión” por parte do executivo provincial.

Neste sentido, Hernández explicou que moitas destas entidades necesitan as subvencións para planificar os seus desprazamentos e facer fronte aos gastos derivados da compra de material deportivo ou do pago aos adestradores.

Para os clubs resulta fundamental saber con que diñeiro van contar e cando o van ter para poder planificar a tempada”, indicou Hernández, quen destacou o importante labor social que, a través da práctica do deporte, levan a cabo todas estas entidades.

“É curioso que no último pleno o goberno provincial instara á Xunta de Galicia a imitar os procesos e os modelos de xestión da institución provincial cando a Deputación da Coruña necesita un ano para tramitar un expediente”, lamentou o portavoz popular.

Atraso de tres meses respecto ao 2016
Así mesmo, Hernández lembrou que co anterior goberno provincial do Partido Popular as entidades deportivas recibían as axudas en “tempo e forma”. Sobre este punto, o portavoz indicou que a convocatoria saía a mediados do mes novembro, a aprobación definitiva producíase a mediados de marzo, e a definitiva no mes de maio.
“No primeiro semestre do ano as entidades tiñan xa a subvención que lles correspondía”, dixo o popular, quen advertiu que este ano non sucederá o mesmo, tendo en conta que as axudas aínda non foron publicadas.
“Respecto ao ano pasado xa acumulamos un atraso de 3 meses na convocatoria, así que tememos que o cobro das axudas do exercicio 2017 vai para longo”, asegurou Hernández, quen urxiu ao goberno provincial a “axilizar e acelerar” este proceso para non poñer “máis trabas” á actividade deportiva que xeran as case 750 entidades que solicitan estas subvencións.

Deja una Respuesta