IMG_0529

Hernández, sobre o Pazo de Meirás: “Non imos admitir que se nos identifique co Franquismo”

O portavoz do Partido Popular na Deputación da Coruña, Agustín Hernández, aproveitou hoxe o debate exposto no pleno provincial sobre a devolución do Pazo de Meirás para deixar claro que a súa formación “non vai admitir que o resto de forzas políticas tenten indetificarnos co Franquismo. Estamos en contra de calquera apoloxía do Franquismo e de calquera réxime ditatorial”.

Os populares presentaron unha moción, aprobada por unanimidade no pleno provincial, na que instan á Xunta de Galicia a que realice un estudo xurídico, en colaboración coas universidades galegas, que analice a posibilidade de mecanismos que, respetando a legalidade vixente, permitan incorporar ao patrimonio público a propiedade das Torres de Meirás, e sen que a dita incorporación ao Patrimonio Público implique un novo custo para o pobo de Galicia, que xa asumiu no ano 1938. Ademais, o texto condena de maneira enérxica as declaracións de apología do franquismo manifestadas pola Fundación Franco.

“Estamos a favor de estudar con seriedade e con rigor todas as vías posibles para lograr a titularidade pública do Pazo de Meiras, pero tamén estamos a favor do cumprimento da lei. Non estamos a favor de asaltar propiedades privadas”, xustificou Hernández, quen recalcou que o seu partido non está pola labor de “facer que os galegos paguen dúas veces polo Pazo de Meirás”.

Ademais, o portavoz do Partido Popular na Deputación asegurou que a moción presentada polo resto de formación sobre este mesmo asunto, e que contou co voto en contra dos populares, o unico que pretende é “deixarnos fóra deste tema”.

Neste sentido, o portavoz provincial xustificou o voto en contra da moción presentada por BNG, CA, Marea Atlántica, PSOE e Alternativa dúas Veciños, alegando que non está moi claro que obxectivos búscanse coa incorporación da Deputación da Coruña á denomidada Xunta Pola Recuperación do Pazo –aínda sen crear-, e mostrouse contrario á tramitación dunha Lei Galega Memoria Histórica, “tendo en conta que xa hai unha nacional”.

Por último, Hernández, que puxo sobre a mesa, o feito de que na provincia e, sobre todo en España, hai “asuntos moito máis importantes que tratar que o do Pazo de Meirás”, recoñeceu que a familia Franco, coa súa actitude, está “a deixar pasar unha boa oportunidade de reconciliarse co pobo de Galicia”.

Moción planta Santa Icía

Noutra orde de cousas, o deputado popular e alcalde de Arteixo, Carlos Calvelo mostrouse moi crítico co que cualificou de postura “demagóxica” da Marea Atlántica, despois de que este grupo presentanse unha moción na que insta á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia a non autorizar a planta de residuos de Santa Icía, con independencia do que ditamine a avaliación de impacto medio ambiental ordinaria.

“O que se pide nesa moción é levar a cabo unha prevaricación administrativa en toda regra”, dixo Calvelo, quen cargou contra o resto de grupos políticos que aprobaron a moción e votaron en contra da emenda presentada polos populares –se adxunta emenda-.

Calvelo puxo sobre a mesa que a moción da Marea Atlántica só teñen un fin: “cargar contra Beatriz Mato”, e lembrou que o goberno local da Coruña non pon o mesmo interese á hora de levar a cabo o selado do vertedoiro de Nostián.

“Non vou admitir leciones morais de ninguén, e moito menos da Marea Atlántica, que incumpre por completo a lexislación ambiental no seu concello”, dixo o deputado provincial, quen recalcou que a planta de residuos de Santa Icía “pode ser ou non ser, á espera do que digan os técnicos, pero Nostián está aí e hai unha sentenza en firme”.

Calvelo cargou tamén contra o goberno municipal do Concello da Coruña ao que acusou de “hipócrita e cínico” ao criticar a futura instalación da planta de Santa Icía e, pola contra, aprobar unha planta de residuos na estrada de San Pedro de Visma.

“Esta planta está en San Pedro de Visma, pero aquí a Marea non di nada. Parece que os veciños de Bens non importan tanto, non son afectados”, dixo Calvelo, quen subliñou que “non se pode admitir que a Marea veña a dicir que Arteixo está sució, cando eles teñen A Coruña moito peor”.

Deja una Respuesta