IMG_1059

Alertan do perigo da proximidade do monte sen limpar para os edificios de Montouto

A proximidade de maleza, piñeiros e eucaliptos ás urbanizacións da zona alta de Montouto supón unha seria ameaza para as vivendas, agravada agora que se achega a época de máis calor. Os populares de Teo insisten un ano máis na importancia do traballo de prevención e instan ao concello a que proceda segundo corresponda para que se realicen os oportunos traballos de limpeza.

A maleza e as árbores situadas nas inmediacións das urbanizacións localizadas nas beiras da Travesía de Montouto representan o doble agravante de por en risco os bloques de edificios e de non respetar o perímetro de seguridade establecido pola normativa vixente, que determina que desde o límite das vivendas ata os 30 metros seguintes non pode haber maleza, piñeiros ou eucaliptos. Á directa relación de perigo que existe neste caso hai que engadir como agravante a presenza dun depósito de combustible situado na parte posterior da Urbanización de Brañas dous Alféreces.

Desde as filas populares instan ao goberno local a tomar as medidas necesarias para evitar que se repitan situacións como a vivida no verán de 2015, uns 500 metros máis abaixo, nas inmediacións da rotonda da autoestrada de Cacheiras, onde os edificios tiveron que ser desaloxados debido á proximidade do lume, nunha zona na que, igualmente, a presenza de depósitos de combustible aumentaba a perigosidade do caso.

Por tal motivo, os concelleiros liderados por José Manuel Guerra presentan no día de hoxe un rogo formal ao executivo local para que actúe en consecuencia, poñendo solución ao problema, considerando que o Concello é o responsable subsidiario do mantemento do perímetro de protección ás vivendas.
O portavoz dos populares sinala que o traballo de prevención de incendios é unha das materias pendentes do executivo e lembra que desde o inicio desta lexislatura o grupo popular ven alertando da situación de abandono que existe en determinadas leiras de todo o termo municipal, que están ao lado das casas. En palabras de Guerra, "é necesario que o Concello se implique para que os terreos próximos ás vivendas estean limpos, como principio fundamental de prevención".

Deja una Respuesta