IMG_2359

Allut, antídoto a un alcalde que comparte as ideas de ERC e Bildu en Rianxo

O presidente do Partido Popular da provincia, Diego Calvo, presentou hoxe a Germán Allut como candidato da súa formación no Concello de Rianxo para as eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio.

 

Acompañado da Conselleira de Mar, Rosa Quintana, e do vicesecretario xeral de Ordenación e Territorio da provincia da Coruña, Evaristo Ben, Calvo cualificou ao novo candidato como o “mellor antídoto”a un alcalde que, dixo, está máis preocupado de cerrar as alianzas de cara aos comicios europeos con Otegui e cos independentistas cataláns que de solucionar os problemas que teñen os veciños de Rianxo.

“É importante que a xente mire ben a papeleta do BNG antes de votar nas eleccións europeas porque se darán conta de que elixila será elixir a xente como Arnaldo Otegui e apoiar os postulados de Puigdemont ou de Torra”,apuntou o popular, quen incidiu en que non acaba de atopar nin punto de unión “entre o que necesita Rianxo e o que defenden os separatistas”.

Fronte a todo isto, o líder dos populares na provincia colocou a un Partido Popular que, tal e como lembrou, xa sabe o que é gañar as eleccións municipais en Rianxo no ano 2011, e que dobrou en votos ao BNG nas últimas autonómicas e multiplicou por seis os sufraxios conseguidos polos nacionalistas nas últimas nacionais.

“A xente en Rianxo é do Partido Popular e en maio temos a oportunidade de demostralo, de demostrar que aquí non queremos os enfrontamentos que hai en Cataluña, aquí queremos a xestión que representa o noso presidente Alberto Núñez Feijoo e os alcaldes do PP que temos nesta comarca”, afirmou Calvo.

Para iso, o presidente provincial asegurou que resultará “fundamental”unir a toda a familia popular baixo un mesmo proxecto, un reto para o que defendeu que Germán Allut é a persoa adecuada porque “está sempre disposto a axudar á xente as 24 horas do día, con humildade e sabendo escoitar aos veciños”.

Un candidato ilusionado

Pola súa banda, Allut, que agradeceu a confianza posta na súa persoa, aproveitou o acto de presentación para asegurar que decidiu dar un paso á fronte “convencido e ilusionado”de que ten moitas cousas boas que achegar a Rianxo e aos seus veciños.

 

“Conto con todos os que defendedes e queredes ao Partido Popular porque sei que somos moitos e que cando nos unimos somos imparables”,indicou Allut, quen só se comprometeu a “traballar, traballar e traballar”par conseguir, da man todos, a alcaldía do concello no mes de maio

Deja una Respuesta