Dumbria

Antonio Santamaría será o candidato do Partido Popular á alcaldía de Dumbría

A dirección do Partido Popular na provincia da Coruña, liderada polo seu presidente, Diego Calvo, deu luz verde hoxe á candidatura de Domingo Antonio Santamaría á alcaldía de Dumbría nas eleccións municipais que se celebrarán no mes de maio.

Santamaría, un dos nomes históricos do PP da Costa da Morte, retomará así o timón dos populares de Dumbría co compromiso de“traballar polo pobo con ilusión, honradez e sumando a todos os que desexen facer que o municipio sexa cada día mellor e máis próspero”.

Ligado ao sector automovilístico, o perfil do novo candidato responde ao de “home comprometido cos seus veciños e coa comarca”que, aínda que estivera ata agora retirado do primeiro plano político, sempre foi un dos referentes comarcais pola súa “capacidade de xestión, compromiso e o seu ánimo integrador e dialogante”.

Unhas calidades que converten a Santamaría no candidato idóneo para que a formación conservadora afronte con todas as perspectivas de éxito a cita electoral.

“Volvo con moita ilusión e moi agradecido co apoio que recibín polos meus veciños e polos compañeiros do partido nas últimas semanas”,dixo Santamaría, quen cualificou de “determinante”este respaldo para tomar a decisión de dar un paso adiante outra vez na política.

O novo candidato dos populares manifestou a súa intención de conformar unha candidatura que combine “experiencia e renovación”,composta por persoas dispostas a “traballar por e para todos”e coa vontade de situar a Dumbría no lugar que lle corresponde por poboación e historia.

 

Deja una Respuesta