FOTO PRESENTACIÓN GERMÁN CASTRILLON 3

Arranca en Cabanas “Tempo de familias: compartindo experiencias”

O Concello de Cabanas vén de abrir o prazo de inscrición no programa municipal “Tempo de familias: compartindo experiencias”. Un programa que arrancará este mesmo venres, 18 de novembro, ás 18,30 horas na aula de usos múltiples do CEIP Eladia Mariño. Alí se desenvolverá o primeiro dos obradoiros, centrado no eido da nutrición. As persoas interesadas en tomar parte deben anotarse no Concello. De forma presencial, no departamento municipal de Servizos Sociais, ou a través do teléfono 981 49 59 59 extensión 6.

O deste venres será o primeiro dos tres obradoiros sobre nutrición, que se abordará a través do xogo, a educación e a intelixencia emocional. O obxectivo é que se convirtan nun recurso máis da labor dos participantes –nais, pais, nenos e nenas, irmáns e irás, avós e avoas- como coidadores e educadores. A duración do taller é dunha hora.

Deja una Respuesta