ENVELLECEMENTO ACTIVO1

Arrancan os talleres de envellecemento activo organizados polo Concello de Cabanas

Unha vintena de persoas maiores do municipio participan nos talleres de envellecemento activo organizados polo Concello, a través da Concellería de Servizos Sociais. As sesións daban comezo onte á tarde e, con elas, a Administración local busca crear un espazo de encontro entre os maiores, especialmente das zonas máis rurais, evitando así o seu illamento e favorecendo as relación persoais, así como a súa participación nas actividades municipais.

As sesións celébranse os martes, de 11 a 12,30 horas no local social de As Viñas e a asistencia é gratuíta. Ademáis, e co ánimo de facilitar a asistencia, o Concello costea un servizo de transporte interparroquial que despraza ós maiores ata o local social dende os seus domicilios. Servizo completamente gratuíto.

Os talleres teñen un nexo común: a recuperación da memoria histórica. Obxectivo que se persegue a través de diferentes actividades: dende ximnasia mental e física ata a creación de contidos nun blog específico que xestionan os propios maiores.

Deja una Respuesta