Diego Calvo

Benvida do presidente

Diego Calvo

Diego Calvo


Benvidos á páxina web do Partido Popular da Coruña. Benvidos a un espazo aberto á participación no que queremos que ti sexas o protagonista.

O Partido Popular, dio o noso lema e estamos convencidos diso, é o partido que máis se parece aos galegos e, por tanto, tamén aos coruñeses. Nesta canle poderedes deixar as vosas opinións, as vosas queixas, os vosos aplausos, as vosas críticas e as vosas suxestións. Queremos escoitarvos.

No Partido Popular da provincia da Coruña, unha agrupación ao servizo dos 93 concellos, iniciamos unha nova etapa na que apostamos por un partido aberto e participativo. Aquí ninguén sobra e aquí todos sumamos. E, para iso, para facilitar a colaboración e a integración de todo o que o desexe, creamos diferentes áreas e grupos de traballo nas que que os nosos militantes, afiliados ou simpatizantes poderán participar segundo as cuestións que máis lles interesen ou onde consideren que poidan ter algo que achegar.

Todas as opinións contan, todas as suxestións aténdense, todas as críticas acéptanse, e todos os erros téntanse corrixir. Desde o primeiro ata o último, desde o presidente provincial ata o último membro da executiva, temos, seguro, algo que sumar a este gran proxecto dun partido obrigado a servir a todos os coruñeses e a recuperar a confianza que tradicionalmente nos deron os nosos veciños.

Eu, o meu equipo, traballamos desde xa para iso. Conto con todos vós!

Deja una Respuesta