20160920 Fotografía Sánchez-Brunete

"CA esbaratou a oportunidade de planificar con garantías e prazos a acción municipal”

“O pleno de onte xeraba unha oportunidade
para planificar con garantías e prazos a acción municipal. Compostela Aberta desbaratou
esa oportunidade”, lamentou o concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete, en referencia ao
pleno extraordinario solicitado polo grupo popular co fin de impulsar a actividade do
goberno nos dous próximos anos: “Compostela Aberta, co mesmo discurso de sempre,
desenvolveu o pleno da retórica consumada e dos obxectivos aprazados”.
Fronte a unha estratexia xenerosa e construtiva de cidade formulada por Agustín Hernández,
“Compostela Aberta despregou unha mezquina táctica destrutiva de partido”. Para SánchezBrunete,
o alcalde ninguneou á cidade coa súa negativa a intervir “no pleno máis
importante do ano –xunto ao de orzamentos-“. “Falamos dun pleno de alcance xeral, na que
a resposta lle correspondía ao alcalde, porque se trataba do goberno da cidade, da
dirección política e sobre a priorización e o impulso da cidade”, salientou o concelleiro
popular, que recalcou que “o alcalde non dixo nin mu”. “Estivo un alcalde, non en corpo e
alma, senón só en corpo e sen alma –engadiu-; unha figura inerte cun brazo articulado,
porque a súa única expresión foi mover mecanicamente o brazo para rexeitar co seu voto
privilexiado as propostas do Partido Popular”.

Neste mesmo sentido, Sánchez-Brunete considera que onte Compostela Aberta construíu un muro de rexeitamento a calquera proposta do grupo popular. “Esquécense de que recibimos un mandato, no só para realizar unha labor de fiscalización, senón para tamén realizar propostas”. O grupo popular presentou dezaoito accións estratéxicas, concretas e cuns prazos realistas e viables co fin de evitar dous anos máis de mandato perdidos. “É unha pena que Compostela Aberta descarte o pleno como un lugar de encontro e o conciba soamente como un lugar de enfrontamento”, denunciou Sánchez-Brunete, que considera que o obxectivo do goberno foi a “axitación e a propaganda da nada”.

Concentración do sábado O concelleiro popular amosou a súa preocupación pola “incerteza” que está a xerar na cidade a concentración do próximo sábado. Neste senso, aproveitou para solicitarlle ao alcalde que “faga todo o posible para que se desconvoque esa manifestación”. “Ao alcalde –continuou-, que presume da súa capacidade de interlocución con estes colectivos, pedímoslle que faga un uso fructífero e racional desa suposta capacidade e contribúa a que se desconvoque unha manifestación de risco”.

Deja una Respuesta