CAMIÑO DO LODEIRO

Amplían o abastecemento de auga no camiño do Lodeiro e acondicionan a Trv. do Río

O alcalde, Germán Castrillón, informou esta mañá do remate de dúas intervencións na parroquia de San Martiño do Porto. Dunha banda, as obras de pavimentación da travesía do Río e, doutra, a ampliación do servizo de abastecemento de auga nun tramo de 60 metros no camiño do Lodeiro, completando así unha actuación previa neste vial. Así, as intervencións sumaron un investimento cercano aos 9.000 euros, procedentes de fondos municipais.

No camiño do Lodeiro deuse continuidade a unha actuación previa, levada a cabo recentemente, polo que se dotou ó vial do servizo de saneamento de augas residuais. Quedaba pendente a nivel de infraestruturas na vía dotar do servizo de abastecemento de auga potable un tramo de 60 metros, polo que os traballos contemplaron a instalación dunha tubería baixo a cuneta da marxe dereita para estender o servizo nese treito.

Na travesía do Río, realizáronse traballos de rebacheo no vial principal e no ramal –en suma, uns 200 metros de lonxitude-, así como de pavimentación mediante rego asfáltico.

Deja una Respuesta