sinatura cemiterios

Cabanas asina un convenio de colaboración coas xuntas directivas dos cemiterios veciñais

O alcalde, Germán Castrillón, e os presidentes dos cemiterios veciñais do “Dato” de Laraxe, Nicolás Eiroa, e do Peteiro, en Cabanas, Angel Torreiglesias, suscribiron sendos convenios de colaboración. A través dos mesmos, o Concello de Cabanas contribuirá ós gastos de mantenemento e conservación dos camposantos, así como á realización dalgúns dos arranxos puntuais que precisan as instalacións.

A cuantía establécese en función do número de nichos do cemiterio e, no caso do ubicado en Laraxe, a axuda ascende a 1.365 euros, namentras que no de Cabanas sitúase en 1.060 euros.

Deja una Respuesta