LOGO CABANAS FRAGA

Cabanas estrea nova imaxe institucional

O Concello estrea nova imaxe corporativa. E faino no marco do proxecto de promoción turística “Cabanas, a Fraga Feita Mar”. O alcalde, Germán Castrillón, explicou que o Concello dispón agora dun manual de imaxe institucional que marcará as pautas de todas as comunicacións municipais en canto ó logotipo oficial e a súa presenza nos diferentes soportes. O novo logotipo foi ideado e deseñado pola Universidade de Santiago de Compostela e, no seu traballo, tivo moi presente a identidade particular do termo municipal.

Así, a imaxe está representada por dous símbolos naturais do río Eume, que actúa como elemento integrador: o fento como representante da Fraga e o delta da desembocadura como nexo co mar. Aínda que ambos se integran un no outro, o delta preséntase tamén como raíz do fento e a forma deste aseméllase ó curso do río flanqueado polas pendentes das ladeiras que o guían. Complétase co nome do municipio e o lema do proxecto turístico “A Fraga Feita Mar”.

Deja una Respuesta