PARQUE AREAL

Cabanas executa as obas de ampliación do parque do Areal

O Concello de Cabanas ampliará a zona recreativa do Areal e, con esa finalidade, comezaban a pasada semana os traballos contratados pola Administración local. O alcalde, Germán Castrillón, explicou que a actuación permitirá sumar metros á área de xogos infantil construíndo unha cuberta de madeira tratada con forma hexagonal, que fai xogo coa temática do mobiliario urbano existente e que irá cuberta por un panel de imitación á tella. Así mesmo, a intervención sumará algúns elementos de xogo.

Non só iso, a actuación tamén contempla a construción duns aseos públicos anexos á edificación que alberga o Punto de Información Turística do Concello, xa que a zona carece deste tipo de servizos. Aseos que se dotarán de pezas sanitarias antivandálicas.

A actuación permitirá sumar un novo atractivo á zona, á beira da praia da Madalena e do paseo marítimo. Un espazo central para o ocio e disfrute de veciños e visitantes.

As obras, que se prevé conclúan este mesmo mes, contan cun orzamento de 39.759,03 euros, que se financiarán con cargo ó Plan de Acción Social da Deputación.

Deja una Respuesta