FIRMA

Cabanas mellorará a accesibilidade no entorno da Igrexa de San Andrés

O alcalde, Germán Castrillón, informou de que o Concello levará a cabo un ambicioso proxecto de mellora da accesibilidade no entorno da Igrexa de San Andrés.

Así, Castrillón explicou que a intervención está orzamentada en preto de 90.000 euros e, fundamentalmente, busca garantir a accesibilidade no entorno e mellorar a seguridade. Para iso, as obras contemplan eliminar as rampas actuais, cunha forte pendente que dificultan a mobilidade. Proponse deixar a nivel a Rúa de Abaixo con O Inferniño e O Atallo. Ademáis, as obras permitirán soterrar a liña eléctrica que cruza a AC141 e que a día de hoxe chega a tocar os tellados das casas. E, por último, prevese a humanización do entorno e a ampliación do vial que conecta co adro.

O proxecto foi aprobado en pleno, trámite necesario para que o Concello puidese presentalo ó programa Hurbe da Xunta de Galicia. Así, a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio asumía o seu financiamento con cargo a este plan e recentemente iniciaba o proceso de contratación dos traballos.

Deja una Respuesta