candidatos comarca santiago sur

Calvo anima a traballar para demostrar a “forza que ten a xente do PP”

presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, deu a coñecer hoxe que Andrés García, Manuel Fernández Munín, Valentín Alfonsín Somoza, Antonio Fernández Angueira, Ramón Tojo, María José Pose, Carlos Martínez, Ramón García Argibay, Rubén Suárez Carballo, José Manuel Guerra, José Manuel Varela, María Fariña e Agustín Hernández, serán os candidatos populares ás alcaldías dos concellos de A Baña, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rois, Santa Comba, Vedra, Ames, Negreira, Teo, Val do Dubra, Brión e Santiago de Compostela nas eleccións municipais do ano 2019.

Nun acto celebrado esta tarde en Ames, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben, Calvo animou a todos os candidatos a “traballar moi duro”nos próximos oito meses para demostrar a “forza que ten a xente do Partido Popular na Comarca de Santiago”.

Calvo profundou sobre esta idea e non dubidou en asegurar que “nesta zona a xente é do Partido Popular. Demostrárono hai 4 anos dándonos sete alcaldías, volvérono a facer hai dous anos cos resultados das autonómicas e repetirano dentro de oito meses cando gobernemos en todos os municipios”.

Convencido de contar  “cos mellores candidatos”para afrontar un reto para o que asegurou que é necesario “saír a gañar si queremos alcanzalo”, o líder dos populares insistiu na receita que tan bo resultado deulle sempre ao seu partido: “falar facendo, pisar a rúa, mirarlle á cara aos veciños e traballar ata solucionarlle os problemas”.

Neste sentido, o presidente popular avogou por deixar para outros partidos “as pocións máxicas, as fotos e as campañas de márketing”,e apostou por demostralle a todo o mundo que no Partido Popular “o único que nos move é conseguir gobernos estables, serios e capaces de xestionar o día a día de cada municipio”.

Bos exemplos

Bos exemplos de todo isto, dixo Calvo, atopámolos na Baña, Boqueixón, Dodro, Padrón, Rois, Santa Comba e Vedra, municipios “nos que se crean empregos, non hai parálises e os alcaldes traballan para xerar oportunidades aos seus veciños”.

“Que vos vou a dicir de Andrés que non sepades, unha persoa capaz de chamar a calquera administración para reclamar o que faga falta para os pequenos municipios do interior”, dixo Calvo, quen tivo palabras tamén para Manuel Fernández, de quen destacou a súa habilidade para facer bos equipos e a súa capacidade para asumir o reto da alcaldía de Boqueixón despois do nomeamento de Ovidio Rodeiro como delegado territorial da Xunta de Galicia.

O popular detívose tamén na figura de Ramón García Argibay e Antonio Fernández Angueira, a quen agradeceu a“xenerosidade”demostrada para integrar ao Partido Galeguista non goberno local de Padrón e dotar de estabilidade o seu mandato, e ao primeiro polo importante paso dado para “volver á que sempre foi a súa casa”co obxectivo de recuperar a alcaldía de Ames.

Ademais, Calvo destacou o papel desempañado por María José Pose á fronte da alcaldía de Santa Combra tras a moción de censura, encomiou a ilusión e a confianza que xera Carlos Martínez en Vedra, e puxo como exemplo do que deben ser “dous rexedores coas ideas claras”a Valentín Alfonsín e Ramón Tojo.

Preparados para gobernar

Na súa intervención Calvo tamén se referiu a Rubén Suárez, a quen lle pediu que “saque o máximo partido”do gran equipo que conformará para volver gobernar en Negreira, a José Manuel Guerra, do que avanzou que será o alcalde que libere a Teo dun goberno municipal “daniño para os veciños”, e a José Manuel Varela, ao que cualificou de “aposta segura”tras ser elixido polos propios afiliados de Val do Dubra.

Así mesmo, o líder dos populares non quixo acabar o acto sen agradecer a “valentía”de María Fariña tras o dar un paso adiante nun concello como Brión, no que “todo o mundo sabe que dicir publicamente que non se está de acordo con o alcalde é un verdedero risco”.

Por último, o presidente provincial presentou a Agustín Hernández destacando o seu labor realizado á fronte do executivo local de Santiago de Compostela. “Fixo máis en 11 meses que Martiño Noriega en 3 anos. Santiago está esperando a que volvas para que a capital de Galicia recupere a senda do crecemento abandonada en 2015”,concluíu.

Deja una Respuesta