FOTO REUNIÓN COMARCAL

Calvo apela ao taballo na ruá para recuperar a confianza dos galegos no 2019

Traballo a pé de rúa, escoitando o que demandan os veciños, e sempre en equipo. Esas son as claves que, segundo o presidente provincial do Partido Popular, Diego Calvo, levarán ao partido a recuperar ou revalidar a confianza da maioría dos galegos nas eleccións municipais do ano 2019.

Xunto ao secretario de Organización e Territorio, Evaristo Ben, o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e a deputada autonómica Paula Prado, Calvo participou onte en Trazo nunha xuntanza de traballo cos alcaldes, portavoces, militantes e simpatizantes do PP dos concellos de Arzúa, Boimorto, Frades, Melide, Mesía, Ordes, Oroso, O Pino, Santiso, Toques, Tordoia, Touro e Trazo.
Durante o encontro realizouse un balance dos resultados obtidos polo Partido Popular na provincia nas últimas eleccións autonómicas, salientando que, dos arredor de 21.000 votos que aumentou a formación popular en Galicia, uns 15.000 se rexistraron na provincia, onde o PP obtivo o apoio do 47,9% dos coruñeses.

“Isto demostra que cando traballamos, cando nos acercamos á xente, temos o seu respaldo, pero aínda que gozar dos resultados está ben e é lexítimo, a nosa responsabilidade é saber onde fallamos”, especificou Calvo, que animou aos portavoces e alcaldes de todos os concellos a realizar un análise polo miúdo do que sucedeu en cada mesa porque, segundo explicou, “estamos en condicións de poder gañar as eleccións do ano 2019 en todos os concellos desta contorna”.

“Non podemos perder nin un minuto, debemos seguir conectados e traballando como o temos feito ata agora”, aseverou Calvo, que lembrou a todos os asistentes ao encontro que “cada un de nós temos que poñer o seu grao de area dende cada municipio” porque “temos que mostrar aos veciños que o Partido Popular é hoxe o único capaz de garantir a estabilidade que merecen”.

Finalmente, o presidente dos populares insistiu na importancia de recuperar as alcaldías de A Coruña, Ferrol e Santiago, así como o goberno da Deputación Provincial e anunciou que a dirección do partido agarda presentar á maioría dos candidatos aos comicios locais con tempo máis que suficiente para afrontar con garantías a cita coas urnas.

Deja una Respuesta