REUNIÓN VALDOVIÑO

Calvo: compara a “eficacia e a solvencia” dos gobernos do PP co “esperpento” de Ferrol

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, aproveitou as reunións mantidas nos últimos días cos alcaldes e os portavoces dos populares na comarca de Ferrolterra, Eume e Ortegal para comparar a “eficacia e a solvencia” de gobernos como o da Xunta de Galicia co “esperpento e o caos máis absoluto” que vive na actualidade o Concello de Ferrol.

A menos de dous anos para a celebración dos comicios municipais, o líder dos populares subliñou que nin os veciños de Ferrol, nin os doutros concellos da zona, merécense “volver sufrir nas súas carnes os despropósitos de executivos que xa demostraron que non están preparados para gobernar un municipio”.

Neste sentido, Calvo fixo fincapé en que, “xa non se trata de que non sexan capaces de aprobar un orzamento”, senón que, na súa opinión, o peor de todo é que “lograron que as cousas que estaban ben cando chegaron aos concellos agora sexan un auténtico desastre”.

O popular, que cargou contra o goberno de Ferrol pola súa “inacción, a súa incapacidade e a súa falta de liderado”, asegurou que todas estas carencias pódense trasladar tamén a concellos como o de Mugardos, Cedeira ou Fene, nos que, tal e como explicou, “a suma de perdedores provocou deriva máis absoluta na xestión destes concellos”.

Folla de ruta
Con todo isto, Calvo aproveitou as reunións para establecer unha “folla de ruta” que permita á súa formación afrontar as eleccións municipais do ano 2019 con “garantías” e co obxectivo de “gañar en todos os municipios da comarca”.

Acompañado polo vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, e polo delegado da Xunta de Galicia na provincia de A Coruña, Ovidio Rodeiro, o líder dos populares na provincia pediu aos seus “un esforzo extra” que lles permita construír equipos que “ilusionen á xente” e, sobre todo, que sexan capaces de presentarse como a “única alternativa posible” para que os municipios da comarca conten con gobernos “serios, solventes e eficaces”.

“Está nas nosas mans prepararnos ben para o reto que temos por diante no 2019. Non será sinxelo, pero temos que volver demostrar do que somos capaces no Partido Popular cando traballamos xuntos e cun mesmo obxectivo, indicou Calvo, quen fixo fincapé na “importancia” de aglutinar ao maior número de persoas que coñezan cales son os “problemas e as necesidades” de cada un dos concellos.

Por todo isto, o líder dos populares na provincia asegurou que “agora tócanos a nós comezar a explicar que faremos para acabar co nalgúns concellos”, dixo Calvo, quen pediu “proximidade, comprensión e solvencia” cos veciños.
“Son consciente do esforzo que levades facendo moitos anos, pero a xente dos vosos concellos ben merece que sigades ao pé do canón, demostrando que non hai nada mellor para o benestar e o desenvolvemento dun municipio que contar cun alcalde do Partido Popular”, dixo Calvo.

A Deputación e as tres grandes cidades
O presidente provincial mostrouse “convencido” de que a súa formación será capaz de recuperar o goberno da Deputación da Coruña e o das tres cidades da provincia.

Sobre este asunto, recalcou que a súa formación debe “esforzarse máis que nunca” para conseguir “maiorías suficientes” en todos os concellos que impidan que unha “unión de perdedores” lles aparte por un “puñado de votos” das alcaldías.
Por último, o popular insistiu en “non baixar os brazos” e en manter activo ao partido como “único camiño posible” para poder chegar a todos e cada un dos veciños.

Deja una Respuesta