ab018495-c627-4090-bffe-34cb8b152f14

Cabana, Laracha e Malpica como “exemplo” do que o PP ofrece en Bergantiños

O presidente do PP na provincia da Coruña, Diego Calvo, deu a coñecer hoxe que José Muíño, Juan Carlos García, José Luís Pérez Añón, José Manuel López Varela, Eduardo Parga, José Luís Fondo Aguiar e Aurelio Núñez serán os candidatos populares ás alcaldías dos concellos de Cabana, Coristanco, Laxe, Laracha, Malpica, Ponteceso e Carballo nas municipais do 2019.

Nun acto celebrado esta tarde en A Laracha, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben, Calvo enxalzou a figura e o “gran traballo”realizado polos rexedores de Cabana, Laracha e Malpica, aos que puxo como o “mellor exemplo”do que a súa formación pode ofrecer aos veciños do resto de municipios da comarca de Bergantiños.

“Non se trata de falar por falar como fan outros, nós traballamos facendo, con feitos, e Laracha, Cabana e Malpica son a imaxe do importante que resulta para os veciños contar cun goberno serio, responsable e eficaz”,subliñou Calvo.

Neste sentido, o presidente provincial referiuse a José Manuel López Varela como o alcalde do “sentido común, do sentidiño do que tanto falamos no PP”,unha persoa que desde a súa chegada á alcaldía logrou que o municipio “creza en oportunidades, xere emprego e progrese en beneficio sempre dos veciños”.

Palabras similares ás que o popular utilizou para referise a José Muíño, de quen lembrou que, desde o 2003, “só coñece as maiorías absolutas”,un feito que, segundo Calvo, débese, única e exclusivamente, á súa “campaña diaria da porta a porta”que o converten nun rexedor “moi querido entre todos os seus veciños”.

Calvo estendeu o seu recoñecemento a Eduardo Parga lembrando a evolución e o progreso de Malpica nos últimos anos. “É un orgullo contar ao noso lado con alguén que é todo corazón, que lle pon o corazón a todo o que fai e iso os veciños valórano”,dixo Calvo, quen subliñou o “gran equipo de traballo”que rodea a un rexedor que “defende Malpica por encima de calquera cousa”.

“Téñovos que dar as grazas por todos os anos que levades loitando nos vosos concellos”,dixo o presidente popular aos tres alcaldes, a quen lles pediu que “sigades aprendendo dos vosos erros e afondando nos acertos”.

Os mellores candidatos

Calvo aproveitou tamén a súa intervención para referirse aos que cualificou como “os mellores candidatos da comarca de Bergantiños. “Os nosos alcaldes son moi bos, pero tamén o son os nosos candidatos que, con certeza, tomaron nota do que fixeron os seus compañeiros de partido”,dixo.

 

Así, o popular non dubidou en destacar que Aurelio Núñez “chega máis que aprendido e con toda a ilusión do mundo ao máis alto da política municipal”grazas ao seu labor no Parlamento galego, un feito que, segundo Calvo, servirá para terminar coa etapa dun rexedor que acode á cita electoral “obrigado polo seu partido, con ganas de marcharse e sen nada que achegar para mellorar a vida dos veciños de Carballo”.

 

“Presentamos un candidato con futuro, con ilusión e con toda a ambición do mundo fronte a un rexedor caduco, esgotado e sen proxecto de futuro para un concello da importancia do carballés”,dixo o presidente popular.

 

Así mesmo, Calvo destacou a capacidade de traballo de Juan Carlos García, de quen asegurou que “está máis que preparado”para recuperar a alcaldía de Coristanco, da mesma maneira que José Luís Fondo estao para “poñer punto e final”a un goberno “paralizadoe inmerso en leas e problemas”como o que houbo en Ponteceso no últimos catro anos.

Unha situación similar á que, segundo Calvo, vívese en Laxe, onde lembrou que goberno bipartito non foi capaz de aprobar os orzamentos no últimos tres ano. “Dentro de oito meses a José Luís tocaralle poñer orde nun municipio á deriva durante os últimos anos, pero estou seguro de que será capaz de conseguilo”,indicou.

 

Por último, o popular lembrou que“Bergantiños é do Partido Popular, así quedou demostrado nas últimas autonómicas e así queremos que se vexa nas próximas municipais. Non podemos volver perder alcaldías por un puñado de votos como nos pasou nalgúns concellos”, subliñou Calvo.

Deja una Respuesta