diego calvo

Calvo pide “traballo, compromiso e proximidade” para que a contorna de Carballo confíe no PP

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, reuniuse hoxe cos alcaldes e portavoces populares no Partido Xudicial de Carballo para establecer unha “folla de ruta” que permita afrontar as eleccións municipais do ano 2019 con “garantías” e co obxectivo de “gañar en todos os municipios da comarca”.

Acompañado polo vicesecretario xeral de Organización e Territorio, Evaristo Ben, o líder dos populares na provincia pediu “traballo, compromiso e proximidade” para que os veciños dos concellos de Cabana, Carballo, Laxe, A Laracha, Malpica, Coristanco e Ponteceso volvan confiar no Partido Popular como “única alternativa” para que estes municipios teña un goberno local “serio, eficaz e responsable”.

“Temos por diante un curso político no que o traballo que fagamos será fundamental para os resultados na próxima cita coas urnas”, indicou Calvo, quen fixo fincapé na “importancia” de comezar a presentar equipos e proxectos que “ilusionen” á xente e que, sobre todo, sexan capaces de aglutinar ao maior número de persoas que coñezan cales son os “problemas e as necesidades” de cada concello.

Neste sentido, o presidente provincial se mostrou “convencido” de que a súa formación será capaz de recuperar o goberno da Deputación da Coruña e o das tres grandes cidades da provincia. “Quédannos menos de dous anos para seguir escoitando aos veciños e para estar a pé de rúa. O reto que temos por diante é duro, pero estou convencido de que seremos capaces de alcanzalo se traballamos xuntos e mirando nunha mesma dirección”, apuntou Calvo.

Sobre este asunto, o presidente provincial recalcou que a súa formación debe “esforzarse máis que nunca” para conseguir “maiorías suficientes” en todos os concellos que impidan que unha “unión de perdedores” lles aparte por un “puñado de votos” das alcaldías.

O reto de Carballo
Calvo non dubidou en destacar que os populares teñen nesta comarca “bos exemplos” do que son os alcaldes que poñen os intereses veciñais por encima de calquera outro e de grandes portavoces que “fan unha oposición construtiva cando toca e crítica cando é necesaria”.

“A Laracha, Cabana e Malpica son unha boa mostra do que o Partido Popular é capaz de lograr cando se pon á fronte dun goberno”, dixo Calvo, quen asegurou que ninguén pode negar que os tres municipios “están nunha mellor situación” hoxe que cando os alcaldes populares fixéronse co bastón de mando.

Deja una Respuesta