RUEDA DE PRENSA PRESENTACIÓN PROGRAMA (5-09-2016)

"Sómos o único partido que presenta un programa factible, crible e listo para gobernar"

O cabeza de lista do Partido Popular na provincia da Coruña para as eleccións autonómicas do 25-S, Diego Calvo, defendeu hoxe que a súa formación é a única que presenta un programa “factible, crible, con garantías de poder levarse a cabo e listo para gobernar”.

En rolda de prensa, e acompañado polos tamén candidatos, Beatriz Mato, Álvaro Pérez, Martín Fernández Prado e Gonzalo Trenor, e pola portavoz popular na cidade da Coruña, Rosa Gallego, Calvo subliñou que fronte a outras formacións que “só poderían poñer en práctica a parte do programa que lles tocase dentro dun goberno tripartito ou cuadripartito”, o PPdeG pon sobre a mesa un documento no que “non hai nada que non se poida cumprir e porque nos non mentimos aos galegos”.

“Aquí non hai un curta e pega das partes de cada un dos programas dos partidos que poderían formar o goberno da Xunta, nós presentamos un texto para gobernar desde o primeiro día e non para bloquear como fan outros”, defendeu o cabeza de lista dos populares.

Así mesmo, Calvo destacou que programa presentado onte por Alberto Núñez Feijoo “non é produto da improvisación”, e destacou que na súa elaboración traballaron máis de corenta persoas, que recolleron as achegas das consellerías, de entidades, de asociacións e, mesmo, das persoas que quixeron trasladar as súas opinións durante os ‘Faladoiros’ celebrados por toda Galicia durante as últimas semanas.

“O programa non inventa nada porque non nos gusta improvisar, o que fai é concretar as liñas de traballo marcadas para completar un traballo que se sostén sobre os avances dos últimos anos”, afirmou o popular, quen destacou os programas estratéxicos postos en marcha polo goberno de Alberto Núñez Feijóo e que teñen a súa meta no ano 2020.

Falar-facendo
Ademais de resaltar o traballo realizado ata a data polos populares, o cabeza de lista do PPdeG na provincia da Coruña recoñeceu que “aínda quedan cousas que facer” para mellorar os datos de emprego, reforzar os servizos sociais e impulsar todo o que afecta á educación e á sanidade.

“Logramos que Galicia sexa unha comunidade referente en moitas cousas e agora o reto é consolidar e completar esa Galicia que queremos: próspera e solvente”, defendeu Calvo.

Para iso, o candidato incidiu na importancia de mellorar a calidade do emprego que se crea, e adiantou o compromiso de converter en indefinidos 50.000 contratos que agora son temporais, e baixar en máis de seis puntos o paro xuvenil.

Sobre as contas públicas, Calvo subliñou que, unha vez que foron “ordenadas e priorizadas”, o que toca agora é comezar a reducir a débeda e manter que o incremento do orzamento sexa proporcional ao aumento en investimento do gasto social.

Neste mesmo sentido, o popular referiuse tamén ao compromiso recollido no programa do PPdeG para “reforzar” os servizos sociais, a sanidade e a educación. Sobre os primeiros, Calvo indicou que “se mantiveron durante os anos de crise e agora toca transformalos e adaptalos ás necesidades dunha sociedade envellecida”.

No que fai referencia á educación, o cabeza de lista asegurou que, tras alcanzar que 100.000 alumnos de toda Galicia teñan acceso á educación plurilingüe, agora é a quenda de lograr un sistema educativo “máis plural, máis participativo e máis libre” con medidas que potencien a autonomía dos centros e cunha nova composición do Concello Escolar que permita a participación de máis xente.

No referente á natalidade, Calvo incidiu en que os próximos anos serán fundamentais para converter a Galicia no “mellor lugar para ter fillos” grazas a Tarxeta Benvida, o incremento das escolas infantís ou o impulso do Bono Concilia.

“Temos obxectivos moi ambiciosos, pero contamos con medidas concretas e estamos convencidos de que en Galicia están postas as bases para conseguilos se o 25S temmos unha maioría suficiente e estable”, concluíu Calvo.

CORTE DIEGO

Deja una Respuesta