candidatos santiago comarca norte 1

Calvo reivindica aos alcaldes do PP “fronte aos das pancartas e o non na boca"

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, deu a coñecer hoxe que María Jesús Novo Gómez, Roberto Rey Martínez, Dalia García Couso, José Luís Martínez Sanjurjo, Manuel Taboada, Antonio Pereiro, José Dafonte, Ignacio Codesido, Rafael Rivadulla, Alexander Doval, Matilde Pallares  e José Antonio Castro Fraga serán os candidatos populares ás alcaldías dos concellos de Boimorto, Frades, Melide, Ordes, O Pino, Tordoia, Touro, Trazo, Arzúa, Oroso, Santiso e Toques nas eleccións municipais do ano 2019.

Nun acto celebrado esta mañá en Arzúa, e acompañado do vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben, e da conselleira Ánxeles Vázquez, Calvo reivindicou a figura e a maneira de facer política dos alcaldes do Partido Popular “fronte aos das pancartas, os berros e os que sempre teñen o non na boca”.

“Nesta comarca temos bos exemplos do que vos estou dicindo en Boimorto, Frades, Melide, Ordes, O Pino, Tordoia, Trazo e Touro, concellos nos que os seus rexedores aplican a mellor de todas as receitas a de ‘falar facendo’, traballar de xeito conxunto cos veciños para xerar máis oportunidades e solucionar os problemas, e deixando de lado a confrontación, os discursos baleiros e as campañas que prometen moito pero non conseguen nada”, dixo o popular.

Convencido de que dentro de oito meses a comarca de Santiago volverá deixar claro que“é do PP e gústalle como xestiona o PP”,Calvo foi máis aló e augurou que“en lugar das oito alcaldías que temos hoxe imos conseguir as doce”, en referencia aos municipios de Oroso, Arzúa, Santiso e Toques onde os populares non gobernan na actualidade.

O tempo dá a razón

Para iso, o líder dos populares incidiu na importancia de “pisar a rúa”para convencer aos veciños de que os populares son a “única opción sería para xestionar os municipios”,e asegurou que “non é porque sexan os nosos, que tamén, pero non hai mellores candidatos que os que presentamos hoxe aquí”.

 

Á hora de referirse a todos eles, Diego Calvo empezou presentando a María Jesús Novo, de quen asegurou que “en Boimorto quedou claro que acertamos cando apostamos por unha persoa loitadora”.

Nesta mesma liña, o popular mencionou a Roberto Rey e a Dalia Couso. Ao primeiro cualificouno como“un home de partido, de cabeza ben amoblada e sempre pensando en mellorar Frades”,mentres que da rexedora de Melide destacou que “soubeches aprender dunha das mellores alcaldesas que tivo este concello e non nos defraudaches á hora de tomar as rendas o municipio”.

O mandatario parouse tamén na “inmensa capacidade de traballo”demostrada por José Luís Sanjurjo á fronte do Concello de Ordes, onde fixo fincapé en que “mentres uns se pasan o día poñendo obstáculos e xerando problemas, o alcalde goberna para todos e cada un dos seus veciños”.

Catro referencias

Calvo aproveitou o seu discurso para facer un aparte cos alcaldes de O Pino, Tordoia, Trazo e Touro, dos que asegurou que“aprendo algo todos os días de vós. É un privilexio poder contar referentes deste tipo no noso partido”,e engadiu que a política local “non ten secretos para vos”.

Así mesmo, o líder dos populares na provincia encomiou o“tesón, a ilusión e as ganas”dun Alexander Doval que nunca se cansa de denunciar “todo o que hai que denunciar en Oroso”, dirixiuse a Matilde Pallares como “unha grande representante” doPartido Popular de Santiso e pediulle a José Antonio Castro Fraga que acabe coa “desastrosa xestión”do bipartito en Toques.

Por último, Calvo agradeceu a Rafael Rivadulla que “sempre esteas aí cando necesitámosche”e destacou a “unión”demostrada polo Partido Popular de Arzúa como a mellor carta de presentación para recuperar a alcaldía dunha vez por todas.

 

Deja una Respuesta