candidatos betanzos 1

"O PP está máis que preparado para gobernar na comarca de Betanzos"

O presidente do Partido Popular na provincia da Coruña, Diego Calvo, deu a coñecer hoxe que José Antonio Santiso, Alberto Platas, Manuel Fafián, Cecilia Vázquez, Francisco Quintela, Javier Caínzos, Antonio Deibe, Jesús Veiga, María Belén Salido, Pablo González Cacheiro, Pedro Antonio López Ríos, Andrés Pérez, Ernesto Anido, Fernando Pérez y Carlos Vázquez serán os candidatos para as municipais do 2019 nos concellos de Abegondo, Aranga, Bergondo, Betanzos, Coirós, Curtis, Irixoa, Miño, Monfero, Oza-Cesuras, Paderne, Pontedeume, Sada, Vilasantar e Vilarmaior.

Nun acto celebrado esta tarde en Betanzos, e acompañado do secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, e do vicesecretario xeral de Organización e Territorio e director de campaña para as municipais, Evaristo Ben, Calvo asegurou que os populares están “máis que preparados”para volver gobernar en todos o municipio de Comarca Betanzos tras as eleccións municipais do 2019.

O líder dos populares na provincia asegurou que a súa formación tomou “boa nota do sucedido”nos comicios locais do 2015 e, desde entón, “puxémonos a traballar para agora poder presentar candidatos que aspiran a todo, uns porque chegan avalados polo seu gran traballo á fronte dos gobernos locais, outros porque souberon dar o callo na oposición e os novos porque asumen o reto con toda a ilusión do mundo e sabendo que teñen moito que achegar á política local dos seus municipios”.

Novos e xente con experiencia

Neste último apartado, Calvo detívose en Cecilia Vázquez, da que destacou a súa gran experiencia política á fronte da dirección Xeral de Xuventude e, sobre todo, o seu coñecemento do día a día de Betanzos; en Manuel Fafián a quen puxo como exemplo do que debe ser a “xenerosidade e o traballo en equipo”en política; e en Belén Salido, de que resaltou a súa capacidade para unir a toda a familia popular en prol de alcanzar a alcaldía de Monfero.

 

Así mesmo, o presidente popular aproveitou a ocasión tamén para poñer de manifesto a importancia que supón contar con gobernos “estables, serios, próximos aos cidadáns e afastados da política de xestos e de márketing que representan outras formacións”como son os casos de Abegondo, Aranga, Coirós, Curtis, Irixoa, Oza-Cesuras, Vilasantar e Vilarmaior. 

“Nesta comarca temos bos exemplos do que queren e necesitan os veciños dos seus alcaldes”, dixo Calvo quen defendeu a maneira de facer política dos populares fronte ás “fórmulas máxicas como as de Pedro Sánchez”,que, na súa opinión, ao único que aspiran é a“manterse no poder á conta de entregarse aos independentistas ou poñer en risco a estabilidade económica do país”.

Ademais, Calvo mostrouse “seguro”de que Pedro Antonio López e Ernesto Anido lograrán as “maiorías necesarias”para gobernar en Paderne e en Sada e, desta maneira, “sacar do letargo”a dous municipios nos que quedou demostrado o erro dos “experimentos destes anos”.

Unidade e ilusión

Orgulloso de contar nas súas filas cos “mellores candidatos”,Calvo apelou á “unidade”,á “ilusión”e ao “traballo realizado durante todos estes anos”como aval para presentarse diante dos veciños e “convencelos de que somos a única alternativa fiable para que os seus municipios teñan un  goberno estable”.

“No Partido Popular gústannos os retos e afrontámolos convencidos de que imos gañar”, dixo o popular, quen animou a todos a conformar “os mellores equipos”para que o futuro da comarca de Betanzos estea en “boas mans”.

Por último, Calvo pediulle aos seus que “prediquen con feitos e non con palabras”, e apelou ao “traballo, traballo e máis traballo”como única receita válida para poder lograr o obxectivo en maio do 2019

Deja una Respuesta