PRESENTACIÓN CANDIDATO CORISTANCO

Calvo sinala a Juan Carlos García como a “garantía” para que Coristanco recupere o “rumbo"

O presidente do Partido Popular da provincia da Coruña, Diego Calvo, presentou hoxe a Juan Carlos García como o novo candidato dos populares no Concello de Coristanco para as próximas eleccións municipais de maio do 2019.

 

Calvo aproveitou a presentación, na que tamén estivo presente o vicesecretario de Organización e Territorio e director de campaña, Evaristo Ben, para sinalar a Juan Carlos García como a “garantía” para que o municipio recupere o “rumbo e a estabilidade”.

 

O líder dos populares felicitouse polo “respaldo incondicional á nova etapa que hoxe abrimos en Coristanco. Aquí contamos con todos, todos sodes necesarios e benvidos. É o momento de remar xuntos para que o Partido Popular volva ser o referente da política municipal”.

 

Neste sentido, o popular subliñou que os veciños de Coristanco merecen un goberno que“devolva ao concello a seriedade necesaria para poder seguir crecendo, que abandone as disputas personalistas que non conducen a nada e que o único que imposibilitan é o traballo para conseguir un municipio mellor”.

 

Convencido de que o novo candidato conta con “experiencia, capacidade e ideas” suficientes para liderar o novo proxecto, Calvo puxo sobre a mesa a “única receita valida” para poder gañar unhas eleccións: “traballo, traballo e máis traballo. Xa sabedes, nos falamos facendo”.

 

“Que non vos enganen con outros experimentos. Que non vos vendan receitas milagrosas baseadas na márketing e na política de xestos. Aquí, en Coristanco e no resto de municipios, o único que serve é falar cos veciños e propor ideas para solucionar os seus problemas”, indicou Calvo.

 

Recuperar os valores perdidos

Pola súa banda, Juan Carlos García xustificou a súa decisión de presentarse nas ganas que “teño de devolver a Coristanco todo o que me deu”. Defensor acérrimo da “política en maiúsculas”como “ferramenta valiosísima”para poder mellorar e cambiar as cousas, asegurou que chegou o momento de que o municipio “recupere os valores perdidos da política municipal”.

 

Hai que facer política pensando nas persoas”,dixo o candidato popular, quen asegurou que non poderá cambiar o pasado de Coristanco, pero si quere “traballar duro e cun bo equipo”par mellor o seu futuro.

 

Para iso, García abriu as portas do seu proxecto a todas as persoas que queren colaborar no obxectivo de devolver a responsabilidade á xestión diaria do municipio e, sobre todo, recuperar o sentimento de “orgullo dos que é noso”.

 

Datos candidato

Juan Carlos García Pose

Nacido en Coristanco. 47 anos

Casado, con dúas fillas.

Presidente da Asociación Rural Galega

 

Deja una Respuesta