IMG_9689

Comunicado do PP de Santa Comba: Pleno 22 de abril

Con relación aos feitos acontecidos no pleno do Concello de Santa Comba do venres 22 de abril de 2016 o grupo político municipal do Partido Popular de Santa Comba considera preciso informar do seguinte:

  1. Dende o mesmo comezo do pleno, no punto de aprobación de actas, o alcalde Ucha tratou de impedir a participación dos membros do Partido Popular no debate.
  2. A pesares de que a concelleira Esther Espasandín trataba de explicar o posicionamento do Partido Popular con respecto á acta (aclarando que na páxina 10, parágrafos 6 e 8, a acta recollía que, no pleno de Marzo, María Pose propuxera emendar o PAI e o señor Ucha se negara provocando a perda do préstamo da Deputación), o señor Ucha non lle permitiu intervir alegando que só podía decir se estaba a favor ou en contra da acta, non dar explicacións.
  3. Parecenos moi grave este tipo de represión da liberdade, máis cando ven dalguén que presume de transparencia. Sen embargo, o señor Ucha trataba de ocultar aos veciños á verdade posto que, en datas pasadas, culpara usando o facebook do concello ao PP e TEGA de terse perdido dito préstamo.
  4. Segundo continúaba o pleno, o señor Ucha coartou en repetidas ocasións a voceira do PP, María Pose, co fin de tratar de impedirlle que poidese levar a cabo a súa labor como concelleira da oposición.
  5. Nos poucos momentos nos cales o señor Ucha permitiu á señora Pose desenvolver a súa argumentación, o señor Ucha dedicouse a rir xunto con algún/ha dos seus compañeiros de grupo, mostrando unha clara falta de respeto polo pleno, os veciños e o conxunto deste concello.
  6. Así mesmo, o señor Ucha, facendo abuso da súa autoridade, amonestou a señora Pose en dúas ocasións xa nos comezos do pleno, co obxectivo de amedrentala coa amenaza dunha terceira amonestación que conlevaría a expulsión. Trataba deste xeito o señor Ucha de facer calar á oposición para evitar que se descobresen as mentiras do señor alcalde.
  7. De igual xeito, no punto de dación de contas dos decretos da alcaldía, o señor Ucha trataba de romper o ritmo do pleno e despistar á xente facendo preguntas sobre o número dos decretos, pese a terselle indicado previamente cales eran.
  8. Chegado este punto (e tras demostrar María Pose que existían posibilidades para aprobar un novo orzamento e recordándolle ao señor Ucha que o PP se ofreceu xa en febreiro a consensuar un orzamento para aprobalo e, deste xeito, poder desbloquear as subvencións ás asociacións xalleiras) o alcalde, a fin de tratar de evitar que se descobrese a verdade sobre a súa última mentira publicada no Facebook do concello e nunha carta as asociacións (onde indicaba que as subvencións estaban perdidas por culpa de PP e TEGA sen mencionar que aínda se pode aprobar un orzamento) procedeu a expulsar a María Pose de xeito inxusto e arbitrario.
  9. Esta situación foi máis inxusta aínda toda vez que se chegou a ela despois de que un familiar cercano do alcalde interrumpise o pleno sen ser tan sequera amonestado e, sen embargo, o señor alcalde si amonestase a outro asistente simplemente por estar vinculado co PP.
  10. Tras esta dobre vara de medir co público, e vendo que xa tiña perdida toda a razón, o alcalde para protexerse e calar á oposición, expulsou a María Pose facendo, ademais, o teatro innecesario de chamar a policía municipal como se a voceira do PP fose unha persoa perigosa.
  11. Todo isto é unha mostra da caótica xestión do señor alcalde, que provoca que o concello non avance, e que o señor Ucha trata de tapar con publicacións que faltan a verdade nas redes sociais, usando medios públicos para fins partidistas, e intentando acalar a aqueles que son críticos coa súa xestión a través do abuso da autoridade.

 


Deja una Respuesta