IMG_20170304_130545

Ausencia na Festa do Queixo da Banda de Arzúa e da Escola de Música

O Partido Popular de Arzúa mostra a súa preocupación pola importante ausencia no cartel da 44ª Festa do Queixo (8-10 marzo) da  Banda de Arzúa e o Conservatorio e Escola de Música, as cales teñen actuado con éxito en distintas edicións. Destacan que outros concellos limítrofes como Boimorto e Melide levan contando con eles varios anos, demostrando unha vez máis que a promoción da marca Arzúa non é unha prioridade para o actual equipo de goberno.

Critican ademais a publicación tardía do cartel definitivo de artistas para esta edición, xa que unha correcta promoción da festa debe comezar con varios meses de antelación, e non a menos dun mes da súa celebración. A pouco máis de 15 días aínda se descoñece a programación completa.

Rafael Rivadulla, candidato dos populares para as municipais, espera que os responsables da festa, o concelleiro de Cultura e o alcalde expliquen a falta de aposta por un dos maiores activos intanxibles que ten Arzúa e que teñen actuado con éxito en diferentes festas e festivais de Galicia.

 

 

Deja una Respuesta