Jose David Zas (baja)

Critican a construción dunha praza en Baio con informes xurídicos negativos

O candidato do Partido Popular á alcaldía do Concello de Zas nas eleccións municipais que se celebrarán o próximo mes de maio, David Gómez, criticou hoxe a decisión tomada no pleno de hoxe polo goberno municipal de levar a cabo o proxecto para a construción dunha praza en Baio, a pesar de contar con informes xurídicos e técnicos negativos por parte da secretaría do concello e do técnico municipal e un reparo de Intervención.

 

Os populares, que se abstiveron na votación, recoñecen a necesidade da actuación por tratarse “dunha demanda histórica dos veciños”, pero inciden en que debe levar a cabo coa seguridade xurídica necesaria para non que non xere problemas legais ao municipio.

 

“Despois de doce anos prometendo esta obra, ao alcalde éntranlle as présas a poucas semanas das municipais”, censurou Gómez, quen criticou que o executivo local encargase un informe xurídico e dous proxectos externos para avalar a actuación ante a negativa dos técnico municipais.

 

“Hai que ter moi pouca vergoña para utilizar o diñeiro de todos os veciños en informes que avalen os caprichos electoralistas do rexedor”, afirmou o popular, quen anunciou que a súa formación pedirá as facturas destes encargos para coñecer o seu custo real.

 

Sin acordo con veciños

Desde o Partido Popular cargaron tamén contra a forma de levar a cabo o proxecto por parte do alcalde, ao que critican de non chegar a un acordo económico cos veciños afectados, que se verán agora prexudicados por unha ocupación directa que, de non remedirse, terminará coas correspondentes expropiacións.

 

“O que tiña que ser unha actuación de consenso si o alcalde fixese as cousas con tempo, e sen presas, vaise  converter nun motivo de enfrontamento cos veciños e, veremos máis adiante, si non traer tamén problemas xurídicos”, lamentou Gómez.

 

Deja una Respuesta