IMAG0237

Critican a “decisión unilateral” do goberno local de cambiar a data da Festa do Queixo

A xestora do Partido Popular de Arzúa amosou hoxe o seu malestar co goberno local pola decisión de cambiar de data a vindeira Festa do Queixo de 2019, que alcanzará a edición número 44, pasando do habitual primeiro fin de semana de marzo (1-2-3), á segundo (8-9-10), nunha decisión non consensuada coas partes afectadas.

 

“A ningún profesional que asiste habitualmente a feiras de alimentación lle gustan as alteracións de calendarios, e este cambio non beneficiará nin a expositores nin a visitantes”, censurou o candidato á alcaldía, Rafael Rivadulla.

 

Segundo explicaron os populares, o motivo que levou ao executivo local a tomar a decisión de cambiar a data é que nesta ocasión coincidiría coa calebración do entroido. “Nós creemos todo o contrario. Pensamos que está coincidencia axudaría a enriquecer o ambiente e, por tanto, a que houbese máis xente”, afirmou Rivadulla.

 

Segundo a tradición, esta Festa de Interese Turístico de Galicia, celébrase sempre na primeira fin de semana de marzo (e así se fai constar tamén na web de turismo do concello), a pesares de que no 2009, por coincidencia con eleccións, tamén se desprazou a data.

Tamén, recordan os populares, no ano 2011, cando o responsable da concellería de Cultura era o actual alcalde, cambiouse por causa do Entroido, “resultando unha edición con menor éxito do esperado”. No 2014 volveu coincidir, mais nesa ocasión o equipo de goberno realizou unha enquisa de proposta de cambio, que resultou negativa e non se moveu a data.

 

Nesta ocasión a situación é todavía “máis grave” pola coincidencia da feira quincenal, que se celebrará o día 8, e que, segundo os populares, obrigará a recolocar os postos dos feirantes, que habitualmente ocupan o Recinto Feiral Terra do Queixo e as rúas lindeiras, e que nesa data estarán ocupados polos stands da festa, a carpa e o escenario, o cal prexudicará aos feirantes e visitantes”, concluiron dende o Partido Popular de Arzúa.

Deja una Respuesta