FuegosFinApostol

Critican a falta de rigor de Noriega na contratación dos fogos do Apóstolo

O Grupo Municipal Popular lamenta a nova demostración de desleixo no seo do Goberno de Martiño Noriega, neste caso, os protagonistas son os fogos do Apóstolo, cuxa contratación está a ser un exemplo de falta de rigor. Desde o día 16 de maio que se colgou na plataforma de contratación os plegos para este concurso, nada más se soubo ata o día 21 que saíu unha pequena nota na prensa.

O alcalde Martiño Noriega decidiu que nada hai que facer en aras da transparencia e da eficacia, polo que “se come a publicación dun anuncio oficial” nalgún dos xornais de importante tirada na nosa cidade, tal é como se fai para cando se quere acadar a maior publicidade posible.

O responsable de Compostela Aberta debería coñecer que a difusión evíta que volva a pasar algo como no caso da Escola Municipal de Música, onde só se presentou unha empresa que, finalmente, non cumpría cos requisitos necesarios para levar a cabo a función para que estaba destinada.

Para o Grupo Municipal Popular, o Goberno de Compostela Aberta amosa, unha vez máis, que non lle interesan os símbolos da nosa cidade e, neste caso, cando se vexa que existen problemas pola escasa participación de empresas para levar a cabo os fogos do Apóstolo, será xa o 24 de xullo e nada se poderá facer para correxir a situación.

Esta forma de actuar é “un suma e sigue” do modelo de xestión de Martiño Noriega, que cando non desfai o que xa estaba encauzado na nosa cidade, dedícase a boicotealo, como son os casos da estación Intermodal ou a depuradora de Santiago, a ORA ou a grúa.

Mañá día 30 de maio, remata o prazo de presentación de empresas, esperamos que as propias interesadas estiveran vixilantes ao Boletin Oficial do Estado (BOE), xa que, polos anuncios do alcalde, difícil tiveron enterarse.

 

 

Deja una Respuesta