paula prado con representantes pp de teo

Critican a improvisación de Teo por “colocar a ollo” os redutores de velocidade

O Partido Popular de Teo critica unha vez máis a “improvisación” coa que goberna Rafael Sisto, despois de coñecer que os polémicos badéns colocados na vila foron ubicados “a ollo”. Estas son as conclusións ás que se pode chegar trala comparecencia do concelleiro de Servizos Básicos, Xurxo Francos, quen forzado pola petición dos populares mesmo presumiu que en ningún momento seguira criterios técnicos e colocou as 38 lombas onde estimou oportuno segundo o seu criterio persoal. Para máis abundar, explicou que tampouco se fixo ningún proxecto.

Dende o PP de Teo amosan o seu asombro pola xestión tan lamentable do goberno local neste asunto, “máis propia dun capítulo de Pepe Gotera e Otilio se non fora que se trata dalgo tan importante coma a seguridade viaria dunhas estradas polas que pasan centos de coches a diario. Onte no pleno o goberno local demostrou que se toma risa a seguridade viaria e permitiu que durante dúas semanas as lombas estiveran sen sinalizar en contra do que establece a normativa tal e como admitiu o propio concelleiro”.

O voceiro substituto no pleno de onte, Antonio Reyes Sánchez, informou ademáis que o Concello de Teo conta na actualidade cun Plan de Mobilidade Urbana Sostible que lle costou ás arcas municipais 21.000 euros. Trátase dun proxecto elaborado o pasado mes de marzo que se levou a cabo por iniciativa da concelleira socialista Uxía Lemus, que non foi respectado á hora da colocación dos badéns. “No seu día denunciamos o despilfarro na elaboración dese plan baleiro e preguntábamonos cales son os motivos polos cales se pagou esa cantidade de cartos por un documento sen contido”. Onte era o propio alcalde, das Mareas, o que daba a razón aos populares ao ningunear e ridiculizar ese plan feito por Uxía Lemus ao demostrar cos feitos que non tomou en conta nin unha soa liña do que se establecía. Velaí temos a demostración de que eses 21.000€ máis tirados.

 

 

DOUS GOBERNOS NUN ÚNICO CONCELLO?

 

“Unha vez máis a coalición que goberna o Concello de Teo non traballa como un equipo en servizo aos veciños e veciñas, senón que cada partido político atende aos seus intereses, facendo que a veciñanza sexa a prexudicada neste xogo”, din os populares. “Cóntase cun PMUS que non se respecta, ridiculízase e ignórase. Esa é a maneira de facer política das Mareas e do PSOE, sen levantar a vista dos seus problemas internos, esquecéndose de que o realmente importante e para o que rexen a vila é para dar servizo á veciñanza”, conclue Guerra.

 

 

 

Deja una Respuesta