20170914 SantiagoEnCamiño

Critican cos cidadáns sigan pagando os problemas da grúa e da Ora

O responsable do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, reiterou hoxe que o Goberno de Compostela Aberta debería acreditar, canto antes, cal é a mellor forma para xestionar os servizos da grúa e da ORA, co fin de que os cidadáns paguen menos e o sistema funcione mellor. Para o Grupo Popular, esta situación nada ten que ver coas ideoloxías, senón coa “eficiencia e a eficacia” e os dirixentes de Compostela Aberta deberían xustificar claramente cales son os factores positivos e as cuestións que van a permitir que os cidadáns paguen menos.

Desde o Grupo Popular, insístese en que o expediente sobre esta situación conta con reparos da intervención e con observacións de fondo calado por de parte do servizo de persoal do propio Concello.

Tal e como indicou Hernández, xa pasaron tres anos escoitando ao alcalde que, entre as súas prioridades, está, “o que eles chaman remunicipalizar, un termo completamente desfasado”. O Goberno municipal ten que ter en conta que ambos servizos xa son municipais, polo que o Concello pode xestionalos directamente ou a través dunha concesionaria, sen máis cuestións.

O responsable do grupo Municipal Popular cree que todo isto non está recollido no expediente que hai no Concello e o único que tenta o Goberno de Compostela Aberta é adscribir o servizo da grúa e da ORA á empresa municipal Tussa como consecuencia dun compromiso electoral.

En definitiva, Hernández lembra que o expediente no está completo e ten informes negativos de diferentes servizos do Concello, “polo que creemos que existen moitas incertidumes, ao que hai que engadir que, desde o ano 2015, Compostela Aberta ten unha sentenza que determina que hai que anular a adxudicación feita no seu día e, polo tanto, adxudicar o contrato a outra empresa”.

Compostela Aberta deixou pasar case 3 anos sen facer nada e “agora existen moitas incertidumes, incluso pode existir un sobre custe que ao final pagarán todos os cidadáns como consecuencia dunha xestión nefasta durante todos estes ano por parte de Compostela Aberta”.

Deja una Respuesta