www

Critican a deplorable situación do aparcadoiro da Casa das Asociacións de Benestar Social en Salgueiriños

O Grupo Municipal Popular lñamenta o deplorable estado da área de aparcadoiro situada a carón da Casa das Asociacións de Benestar (CABES) na rúa Manuel María en Salgueiriños, polo que presentará no vindeiro Pleno un rogo para que o Goberno de Martiño Noriega leve a cabo a mellora do firme e das condicións desta parcela, para de facilitar a seguridade e a eficacia do aparcamento para os usuarios dos servizos municipais desa zona.

O emprazamento deste terreo, de preto de 1.500 metros cadrados, fai que sexa un lugar moi frecuentado pola gran cantidade de persoas que a diario acoden, non só ao CABES –que acolle recursos e servizos para máis dunha ducia de asociacións de asistencia e apoio social que teñen alí radicada a súa sede social- senón tamén para outras moitas persoas que se dirixen á veciña Unidade Municipal de Asistencia a Drogodependentes (UMAD), tanto na súa condición de persoas usuarias como tamén traballadoras dos mesmos servizos.

Este terreo, que supón un extraordinario recurso engadido para todas aquelas instalacións, atópase nunhas condicións lamentables, cun terreo irregular cheo de fochancas, sen unha mínima sinalización que axude a aumentar a súa eficacia e cuns puntos de acceso e saída que fan moi complicado o seu emprego, tal e como se pode contemplar no anexo fotográfico que se acompaña.

Deja una Respuesta