ddd

Critican os accesos ao Centro Deportivo de A Talleira, recién ampliado

Na praza Horta de Arriba, de Bertamiráns, atópase o acceso ao Centro Deportivo Municipal de A Telleira no que se acaba de facer a inauguración da ampliación das instalacións co fin de incrementar o número de usuarios. A praza conta cunha superficie empedrada nun nivel inferior as rúas lindeiras, polo que o seu acceso realízase mediante escaleiras e ramplas.

A iluminación desta praza é moi deficiente e cando chega a noite, os usuarios teñen dificultades para entrar ou saír e, nalgún caso, téñense producido caídas.

Dende hai bastante tempo lévanlle reclamando ao tripartito unha simple e pequena actuación que soluciones esta cuestión, pero como ven sendo habitual, dende a concellería de obras dan a calada por resposta.

A continuación detállanse os dous puntos escuros de acceso ao centro deportivo, por un lado está a escaleira metálica que da acceso á Rúa do Comaro. Como se observa na fotografía que axuntamos, conta con cinco pasos metálicos e desgastados que aumentan o risco de caída, sobre todo nos días de choiva.

 

O segundo punto escuro é o acceso á rampla situada xunto aos setos, que ademais fan de pantalla pola súa altura, (escurecendo máis a zona) e cuns chanzos de moita altura (máis do dobre que un chanzo normal) que dan acceso ao fronte do centro deportivo e a mesma praza que conta co chan irregular.

Como se observa na fotografía, non hai ningunha varanda para poder agarrarse, o chan é irregular e os chanzos son moi altos. Como se pode ver, cunha mínima actuación (rápida e económica) consistente en luminarias acordes ao lugar e cunhas varandas de protección, os problemas quedarían resoltos á vez que se facilitaría o acceso as persoas maiores que transitan pola zona para acceder as instalacións.

Deja una Respuesta