img_523f7c872c2d13d52973ed530b80020fbc14b681

Cualifica de “capricho” a negativa a mellorar o mantemento do local social de A Pedra

O Partido Popular de Cariño, encabezado pola súa portavoz, Marta López Pena, cualificou hoxe de “capricho” o voto en contra do resto de partidos –PSOE, BNG e AECA- á moción presentada polos populares no último pleno municipal e na que se instaba ao executivo local a mellorar o mantemento do local social de A Pedra.

Os populares, que trasladaron esta petición despois de que o goberno municipal non atendese ás demandas que os usuarios levan facendo desde hai dous anos, defenderon que o único motivo que xustifica o voto en contra da súa moción é o feito de que “a presenta o Partido Popular”, xa que, segundo asegurou López Pena, o resto de argumentos esgrimidos polas formacións “caen por si sos”.

“É unha mágoa que algúns fagan valer os seus intereses políticos por riba das necesidades duns veciños que levan moito tempo reclamando esta actuación”, indicou a portavoz dos populares, quen asegurou que a moción o único que solicita é que o Concello de Cariño realice as tarefas de limpeza e mantemento do local social.

Neste sentido, López Pena fixo fincapé en que “non solicitamos nada que non poidan facer, nin nada que non reclamen os integrantes da asociación”, e subliñou que no local celébranse con regularidade reunións, asembleas e diferentes cursos.

Ademais, os populares aproveitaron para instar o alcalde, Alonso Pumar, a que realice os traballos necesarios para acabar dunha vez por todas cos cortes de luz que se producen na parroquia de A Pedra desde hai tempo.

“O señor Pumar leva moitos meses dicindo que se van a levar a cabo diferentes actuacións, pero o certo é que no orzamento non hai ningunha partida reservada para iso”, dixo López Pena, quen dixo que están acostumados a que el rexedor “prometa cousas que logo non cumple”.

Máis reclamacións
Por outra banda, o grupo municipal do Partido Popular de Cariño reclamou tamén que o executivo local manteña limpo, e coas medidas de seguridade regulamentarias, o parque infantil situado no campo da festa; ademais de levar a cabo os traballos de roza necesarios nas pistas municipais e nas cunetas.

“Temos a sensación de que existe un importante abandono nos traballos de limpeza e de mantemento dalgunhas zonas do municipio”, denunciou López Pena, quen reclamou que se proceda ao pintado dos pasos de peóns para evitar riscos innecesarios por parte dos viandantes.

Deja una Respuesta