Ponte Arderiz con Evaristo - 01

Demandan a ampliación da Ponte de Arderiz e a eliminación do punto negro na DP-3801

O grupo municipal do Partido Popular no Concello de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, presentará no próximo pleno unha moción na que esixe ao executivo local que demande á Deputación da Coruña que proceda á ampliación da Ponte de Arderiz, así como á eliminación do punto negro situado na estrada DP-3801.

 

Os populares, que visitaron o lugar acompañados polo Deputado provincial, Evaristo Ben, subliñan que a DP-3801 é unha das arterias principais que une o núcleo urbano de Sigüeiro con oito das once parroquias  -A Gándara e Porto Avieira, Vilarromarís, Senra, Cardama, Os Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa- do municipio e que é moi utilizada polos veciños para chegar as súas vivendas.

 

“Estamos a falar dunha vía de alta densidade de tráfico e cun trazado con bastantes curvas e a Ponte Arderiz non ten o ancho suficiente para que circulen dous vehículos ao mesmo tempo”, apuntan os populares, que recordan que “é de de vital importancia manter en boas condicións os viais que transcorren polo noso municipio”, para o que, aseguran “non só é preciso o reasfaltado de moitas destas estradas senón un correcto mantemento das cunetas”.

 

Así mesmo, o Partido Popular de Oroso denunciaron queentre os quilómetros 11 e 12 existe un punto negro, a man esquerda se circulamos en sentido ascendente (Sigüeiro – A Grabanxa) cunha curva cerrada, onde son múltiples as saídas de vías que se producen dende fai anos, polo que esixen á búsqueda dunha solución.

Deja una Respuesta