IMG_4020

Denuncia a contratación a dedo dun asinante do manifesto das mareas en Teo

Os procesos de participación veciñal das Mareas son un negocio. O amiguismo instálase no goberno teense con este proceso. O bipartito contrata a dedo a unha persoa firmante do manifesto da Marea Ártabra de Ferrol. Os populares denuncian o feito de contratar a unha entidade privada para xestionar unha acción na que deberían estar implicados personalmente alcalde e concelleiros.

Hai agora un ano aprobábase en pleno o Regulamento de Participación Cidadá no que se establece a creación de órganos de participación parroquial. A raíz disto o executivo comprometíase de facto a promover a participación nun proceso que debería promoverse exclusivamente polos cargos públicos do concello.

Non embargantes, en lugar de asumir como propia esta acción que “vai co cargo” -en palabras do voceiro dos populares teenses-, o bipartito decidiu contratar “a dedo” a unha persoa asinante do manifesto da Marea Ártabra de Ferrol. Resulta “inconcibible que o executivo privatice a participación veciñal engadindo un gasto extra cando son unhas funcións que lle corresponden claramente ás seis nóminas do executivo local”.
Para os concelleiros populares teenses resulta “burlesco” para a veciñanza que un goberno que dende o primeiro momento levaba por bandeira a municipalización de servizos actúe deste xeito.

Esta acción resulta doblemente vergonzante. Por unha banda, queda ao descuberto a incapacidade que ten o executivo para achegarse á veciñanza a escoitar cales son os seus problemas. Pola outra, descúbrese a auténtica face daqueles que prometeran unha “transparencia total” e que enchían os discursos de proclamas contra os “amiguismos e chiringuitadas”. A contratación a dedo dunha persoa firmante das Mareas instala definitivamente o amiguismo no executivo local teense nun feito que os populares cualifican de “tan escandaloso como representativo da auténtica cara destes gobernos do cambio”.

Para José Manuel Guerra esta acción amosa o auténtico “negocio da democracia participativa das Mareas”, polo cal solicitan formalmente a proposta de gasto polo servizo, xa que se trata dun contrato menor adxudicado directamente.

Deja una Respuesta