20170914 SantiagoEnCamiño

Denuncian la falta de implicación de CA en la prevención da drogodependencia

O Grupo Municipal Popular denuncia a total falta de implicación do Goberno de Compostela Aberta en materia de prevención da drogodependencia, mostra dista desidia é que, no tempo que leva Martiño Noriega no Concello, nada se ten feito co Plan Local de Prevención de Drogodependencias que deixou perfilado o Goberno de Agustín Hernández.

Na última sesión do Consello Municipal de Saúde, tan só se presentou un borrador do Plan e o Grupo Municipal Popular xa aportou á UMAD, entidade que elabora o Plan, algunhas consideracións para que se teñan en conta no proceso de elaboración.

O borrador presentado está incompleto e sostén moitas carencias, polo que desde o Grupo Municipal Popular se solicita que se corrixa e se complete para obter un documento adecuado ás novas realidades e á altura do que se espera da nosa cidade.

Así mesmo, o texto presentado non contén obxectivos específicos que deben estar en correlación coas necesidades detectadas na diagnose e con accións concretas e, como en calquera Plan, deben incluírse os recursos humanos e económicos cos que se conta para o seu cumprimento, o contrario converte o documento en papel mollado e, neste borrador, o apartado de recursos viña sen contido.

Cando o Grupo Popular abandonou o Goberno municipal xa se estaba traballando no Plan Local de Prevención en Drogodependencias 2015/2019, tal como reflicten o informes técnicos elaborados polos funcionarios municipais para o traspaso de poderes.

O Grupo Municipal Popular descoñece os motivos polos que o Goberno de Compostela Aberta abandonou ese proxecto no canto de avanzar en accións xa iniciadas que permitirían ter aplicado nestes anos un Plan actualizado. Para o Grupo que dirixe Agustín Hernández, os motivos para esta falta de implicación con estes traballos son meramente ideolóxicos e non atenden a ningún criterio de eficacia e respeto polo traballo feito, dando un novo exemplo do seu característico sectarismo como xa mostraron cando derogaron a renda social creada polo Grupo Popular.

Para este Grupo é prioritario que se analice con máis detalle o aumento de consumo de heroína no noso Concello, como xa recoñeceu o propio Alcalde e que xa foi motivo de preocupación do Grupo Popular.

No Pleno do pasado mes de marzo preguntamos sobre as medidas tomadas polo Goberno ante esta nova e preocupante situación e non parece que teñan nada previsto ao respecto, polo que se fai necesario que se inclúan no novo Plan programas e actividades concretas e a curto prazo para loitar contra este repunte no consumo.

Solicitamos tamén que se concrete e perfile máis a diagnose que se contén no borrador relativa ao consumo das diversas sustancias e outras adiccións para que nos achegue con acerto á realidade de Santiago, acudindo non só a datos xenéricos senón preferentemente a datos aportados por outros axentes, así como aqueles que se obteñen en traballos de campo, que tampouco se inclúen e que son os que dan unha visión máis fiable do que acontence na nosa cidade en relación ao consumo de drogas e as súas consecuencias. Sinalar tamén que a diagnose debe referirse a toda a poboación e non só á mocidade.

O Plan debe incluír unha avaliación das accións levadas a cabo no pasado e ata a actualidade en materia de prevención e atención da drogodependencia, para coñecer os resultados dos programas realizados, en definitiva, valorar a eficacia do traballo xa feito para ter unha guía eficiente no labor a desenvolver.

Deja una Respuesta