20151125 Agustín Hernández

Denuncia o afán de Compostela Aberta por "facer caixa" no acceso ao Casco Histórico

O concelleiro do Grupo Municipal do PP, Alejandro Sánchez-Brunete, confirmou esta mañá a “nova emboscada recadatoria” que o Goberno de Compostela Aberta está aplicando no control de acceso ao Casco Histórico por San Francisco, xa que “en 20 días, entre o 25 de abril e o 14 de maio, xeráronse 306 sancións”. Para o edil popular, detrás desta actuación -que cualifica de “escándalo”- escóndese “a mala fe do goberno”, que está orixinando sancións de forma desproporcionada. “Non é lóxico que se produzan máis de 300 sancións en menos dun mes”, advertiu Sánchez-Brunete, quen alertou ademais que de que “de manterse esta progresión, ao final de ano, o número de sancionados podería alcanzar os 5.475 condutores”. “É unha auténtica barbaridade -engadiu-. O concello, ao final de ano, recadará máis de 300.000 euros en multas só no acceso por San Francisco”.

Para o concelleiro do Grupo Municipal Popular, os indicios demostran que houbo ánimo de sancionar e de recadar por parte de Compostela Aberta, “xa que non ofreceu suficiente información nos días previas á activación, nin durante as primeiras semanas da posta en marcha do sistema e, tampouco, no momento en que empezou a ter constancia do número alto de sancións”. Neste senso, insta ao concelleiro de Convivencia a que explique os motivos polos que, sendo coñecedor do número de sancións, non advertiu da nova situación aos condutores: “Calou para facer caixa ou, dende o mes de novembro, non se preocupou polo sistema?”.

Tal e como recordou, o pasado un de marzo, o grupo popular formulaba unha pregunta por escrito ao goberno para interesarse pola activación das cámaras lectoras de matrículas da rúa San Francisco e coñecer, así, o número de vehículos que estaban accedendo resultando sancionados. “O Goberno non nos contestou ata o pasado venres. Retivo, durante mes e medio, a resposta; mentres se incrementaba o número de condutores denunciados”, lamentou.

O concelleiro popular subliñou que aínda queda por computar o número de sancións do acceso de Porta Faxeira. Por iso, o grupo popular formulará unha batería de preguntas escritas para coñecer a evolución do número de vehículos sancionados dende que se activaron as cámaras lectoras de matrículas; a tipoloxía dos sancionados
-se son particulares ou profesionais, veciños ou turistas-; si se mantén o número de sancionados descendeu o se mantén constante; se hai condutores multados de forma reiterada e se lles vai a aplicar o procedemento de infracción continuada o que atenuaría a sanción.

“Estamos de acordo co control de accesos á Cidade Histórica, pero unha cousa é garantir o acceso e outra é utilizalo como un sistema recaudatorio”, destacou. “O goberno non pode aceptar -continuou- un sistema que funciona con descontrol e aproveitarse deste descontrol para facer caixa coa satisfacción do grupo de Compostela Aberta”. Por todo isto, o concelleiro popular insta ao goberno a que valore a suspensión do sistema ata que non se promova antes unha campaña de información aos condutores.

Deja una Respuesta