FOTO INUNDACIÓNS

denuncia que a falta de mantemento das cunetas provoca inundacións en varias pistas de Oroso

O grupo municipal do Partido Popular de Oroso, a través do seu portavoz, Alexander Doval, denunciou hoxe que a falta de mantemento das cunetas por parte do goberno local provocou importantes inundacións nalgunhas pistas municipais, debido ás choivas caídas nos últimos días.

Os populares lembran que a súa formación xa advertiu en plenos pasados que, de non levar a cabo os traballos de mantemento das cunetas, poderían producirse inundacións como as sufridas esta semana. “É unha pena que, unha vez máis, as nosas peticións fosen ignoradas por parte do goberno local e caesen en saco roto. De non ser así, agora os veciños non tería que sufrir as consecuencias”, apuntou Doval.

Desde o grupo municipal do Partido Popular subliñan que, ademais dos trastornos que supoñen estas inundacións para os viandantes, as pistas erosiónanse coa auga, o que, á longo, derivará na aparición de fochancas.

“Confíamos en que, de vez unha por todas, o goberno local teña a ben unha proposta do noso partido e leve a cabo os traballos de mantemento que lle pedimos no seu día”, concluíu o portavoz.

Deja una Respuesta