IMG_0802

Denuncian a inútil xestión do lixo parte do Goberno Noriega

O voceiro do Grupo Municipal Popular, Agustín Hernández, denunciou hoxe en rolda de prensa a “inútil xestión en materia de lixo” que está a levar a cabo o Goberno de Martiño Noriega. Para Hernández, a situación do servizo de limpeza en Santiago é “intolerable” para unha cidade que é capital de autonomía.

 

Durante a súa intervención, o voceiro Popular explicou que o escenario que poden contemplar tanto veciños como visitantes ao pasar polas rúas da cidade componse de contedores soterrados avariados, outros que nunca funcionaron, cartóns espallados polas rúas e papeleiras saturadas, ademais de vehículos de lixo estropeados, o que supón que o lixo non se recolle en tempo e forma.

 

“O peor disto, explicou Agustín Hernández, é a herdanza que deixa Compostela Aberta ao Goberno que saia das urnas o vindeiro 26 de maio”, posto que o servizo de limpeza xa ten soportado 5 prórrogas, as máximas permitidas, polo que unha vez rematada esta última, en maio de 2020, Santiago carecerá dun contrato de limpeza que permita actualizar e atender as necesidades de limpeza da cidade.

 

O Popular destacou que, a estas alturas do mandato, nada se pode esperar da xestión de Compostela Aberta, posto que “si nos pasados catro anos non fixo nada, dificilmente moverá peza antes do mes de maio”.

 

Proba da mala xestión e da falta de previsión do Goberno de Martiño Noriega é que, ata maña de hoxe, non chegara a Sogama a petición da bonificación do 10 por cento do canon de Sogama, é dicir, uns 270.000 euros.

 

O voceiro Popular recordou que, tras acadar dita bonificación, o Concello deberá asumir o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo; e, posteriormente, comprometerse coa adopción de medidas orientadas cara unha redución da produción de lixo e/ou incremento e fomento da reciclaxe.

 

Ademais terá que remitir a Sogama, entre os meses de xaneiro e febreiro do ano 2020, o certificado, expedido pola autoridade competente, a través do que se acredite o cumprimento dos compromisos anteriores.

Deja una Respuesta